Valor espiritual
Tamén é máis que suficiente, polo menos para unha comunidade crente, reunida ao redor da liturxia que se recolle no Códice. E polos milagres atribuídos á intercesión do Apóstolo ou unha longa narración do traslado dos seus restos desde o porto de Haifa, en Israel, a Galicia
Xoia moi importante do patrimonio común cun gran valor material
Cando non se di que é incalculable o valor material do Códice Calixtino fálase de varios millóns de euros. A valoración deste tipo de libros está baseada na rareza do exemplar, na cantidade de ilustracións e no completo que estea o libro. E nisto, o Calixtino figura entre os máis destacados por conservarse íntegroa .
Valor histórico
O valor do Códice está vinculado á gran catedral que o alberga. É tamén valioso como unha mostra do xenio de Diego Xelmírez, empeñado en levar a cabo a glorificación do culto católico na súa Igrexa.
É símbolo dunha época
O Códice Calixtino resume a mentalidade dunha época e pode considerarse un símbolo desta. Algúns aspectos desa mentalidade: devoción na liturxia, aos santos, percepción do espazo.
Valor cultural
O Calixtino sistematiza a importancia dada a Santiago o Maior, que, integrándose na colectura europea, contribuíu a conter unha cultura expansionista, a islámica,.
Para crear e logo copiar un libro tardábanse meses. Os códices dispoñibles na Idade Media eran escasísimos (o normal era que un mosteiro tivese uns 50 libros en propiedade). Esa circunstancia xa dá valor a un códice do século XII.
Obra miniada, é dicir, con ilustracións nas súas páxinas. Só os libros moi importantes, con información transcendental, pasaban polas mans dun ilustrador. Unha obra miniada era un luxo: os soportes das tintas que daban cor sacábanse de pedras preciosas. E realizar un libro como o Códice Calixtino tiña que ter un equipo formadísimo, uns pintores moi destros, moitos irmáns adicados ao horto e á granxa que puidesen dar para sustentar aos que traballan no scriptorium.
Primeira guía coñecida para facer o Camiño de Santiago.
Non hai nada comparable na súa época en canto á atención que presta á realidade cotiá do Camiño. Un dos motivos polos que a obra ten un valor único para a historia da peregrinación compostelá é que o autor parece ter vivido o que conta.
Peza fundamental na historia musical europea
Para moitos, o máis importante do códice son as cento cincuenta composicións musicais:
- É o corpus musical completo más antigo do continente europeo.
- Contén o primeiro repertorio polifónico verdadeiramente artístico de Europa
- Aparecen os máis antigos exemplos de música polifónica da Península Ibérica
- Recolle de forma variada a monodia orixinal dos séculos X e XI
- Vese a evolución das formas litúrxicas e musicais dos séculos XII e XIII
- Dá a coñecer tropos, prosas, conductus e órgana polifónicos.
- Exemplo único en todo o século XII da polifonía a tres voces: “Congaudeant Catholici”.
-
Algún texto da antífona “O lux et decus Hispaniae” foi tratado e adornado coas mellores galas polifónicas por grandes compositores españois, italianos, alemáns, franceses, ingleses, holandeses, portugueses…Un único texto xacobeo realzado con polifonías moi diversas
-
Permite saber como era a música relixiosa da época; por exemplo, cando trae anotacións como “agora entran os nenos” ou outras voces.