Hai unha Cadea de Oración polas Vocacións, na Diocese desde as 09:00 da mañá do sábado 20 até as 22:00 h. da tarde do domingo 21.
Esta Cadea de Oración combina momentos comunitarios abertos a todos con horas de oración privada de comunidades relixiosas. Durante máis de 36 horas sempre haberá algunha parroquia ou comunidade na Diocese que estará a rezar polas vocacións a todos os estados da vida cristiá. Porque xa se comprometeron a facelo a unha hora concreta parroquias e comunidades de Bolaño, Lalín, Meira, Melide, Quiroga, Ferreira de Pantón, Navia, O Cebreiro, Monforte, Samos, Chantada, Monterroso, Ferreirúa, Siador – Silleda, Lugo.
Aínda que unha persoa ou comunidade non teña asignada unha hora concreta para a Cadea de Oración, convídase a unirse á mesma en calquera momento desta fin de semana.