En este Ano da Vida Consagrada xa foron varios lugares da Diocese onde houbo un recoñecemento a varias congregacións relixiosas, e nos vindeiros días seguen estes encontros en Sarria e Lugo.
O día 24 ás 20 h na igrexa de Nosa Señora do Rosario de Sarria hai un acto de acción de grazas polas comunidades relixiosas radicadas na zona: mercedarios, operarias parroquiais, relixiosas da Asunción.
E o día 29 será a igrexa de San Froilán, Lugo, a que acolla ás 18:30h a Cadea de oración pola Vida Consagrada. Nela participarán dúas das catro congregacións que pertencen á Parroquia de San Froilán: As Fillas da Caridade e as Irmás da Cruz. As Madres Agustinas farán a súa propia vixilia noutra data e a Alianza unirase á Parroquia de San Lourenzo de Albeiros. Na vixilia de oración do día 29 haberá Exposición do Santísimo, rezarase con textos de San Vicente de Paúl e de Sor Ángela da Cruz e escoitaranse testemuños de relixiosas das dúas congregacións.