A cadea de oración é unha iniciativa suscitada polo Ano da Vida Consagrada e despois de celebrarse en varios lugares da Diocese, ten a súa continuidade este mes. Haberá unha Eucaristía presidida polo Sr Bispo don Alfonso Carrasco.
* Día: 23 de decembro
* Hora: 9 h
* Lugar: Hermanitas dos anciáns Desamparados (r/ san Roque, Lugo)
As Hermanitas de Lugo prestan o seu servizo aos anciáns máis necesitados desde o ano 1885. Actualmente residen neste centro máis dun centenar de residentes.