Acto informativo dos Equipos de Nosa Señora

Os Equipos de matrimonios de Nosa Señora (ENS) convocan un acto informativo para dar a coñecer o que son e de cal é a súa misión

Será o 9 de abril ás sete da tarde nos locais diocesanos da rúa da Cruz (baixo do portal 1-B) en Lugo.

Animáse a asistir a todos os matrimonios con algunha inquietude espiritual por vivir a vosa vida matrimonial á luz do Evanxeo e poñer os dons propios ao servizo dos demais.

Nova intervención no IX Ciclo de Conferencias OCCIDENTE ANTE O SÉCULO XXI

 

Venres, 8 de abril

D. José Francisco Serrano Oceja:

“Cultura e comunicación: a sociedade do espectáculo”

 Entre os cargos desempeñados por José Francisco Serrano están os seguintes: Secretariado de Relacións cos Movementos da ACP, Decano de Xornalismo da Universidade CEU San Paulo. Director do Congreso Católicos e Vida Pública. Asesor en Comunicación do Arcebispado de Madrid. Impartiu clases na Facultade de Teoloxía San Dámaso, de Madrid.

 Organizou o máster en Comunicación Cristiá da Universidade Pontificia de Salamanca e participa no máster en Comunicación, Información Social e Relixiosa.

 Colaborador de varias fundacións. Director de contidos e membro do Patronato da Fundación “García Morente” (Analisisdigital.com)

 Colaborador de varios medios de comunicación: editorialista da COPE, tertuliano de “La Linterna de la Iglesia” (COPE), “Iglesia en directo” (Popular TV), es E, La Gaceta de los Negocios e Religión Confidencial.

 Algunhas publicacións:

 Los católicos y la política. Encuentros del cardenal Rouco Varela con políticos católicos, San Pablo, Madrid, 2004, 199 pp.

La Iglesia frente al terrorismo de ETA, BAC, Madrid, 2001,823 pp.

Confesiones de un cristiano perplejo, Secretariado Trinitario, Salamanca, 2001, 130 pp.

  ¿MeDios de comunicación? Guía para padres y educadores, Editorial Desclée de Brouwer, 110 páxinas; (Colección Preguntas, 16)

Cursiños de Cristiandade esta fin de semana

O venres día 8 comezarán ás 20:30 horas uns Cursiños de Cristiandade na Casa Diocesana de Lugo. Rematarán o domingo 10 ás 7 da tarde. Serán unhas xornadas abertas ao público en xeral, para que poida coñecer de primeira man o que poden representar na vida da persoa os Cursiños de Cristiandade.

Para inscribirse hai o seguinte contato: José Pena Mouriz, teléfono 982 24 46 43

Visita pastoral do Sr. Bispo á Parroquia de Santiago a Nova de Lugo

  O pasado domingo, 3 de abril ás 12.30h iniciouse a visita pastoral cunha Misa Estacional na Nova e pola tarde unha Misa nas Fontiñas. O día seguinte, luns 4 de abril, o Sr. Bispo tivo un encontro cos nenos, pais e catequistas de Catequeses de Infancia.

 O martes, 5 de abril o programa da visita pastoral foi o seguinte:

-10.15h. Visita ao colexio dos PP. Franciscanos.

-12.00h. Visita ao colexio A Inmaculada dos Irmáns Maristas.

-18.00h. Encontro con Vida Ascendente.

-20.00h. Eucaristía na Capela de San Roque.

 O mércores, 6 de abril o prelado tivo un encontro co Consello de Pastoral.

 Finalmente, o xoves 7 de abril Monseñor Carrasco Rouco presidiu a Eucaristía nas “Hermanitas de Ancianos Desamparados” de San Roque e visitou á comunidade e aos residentes.

 

Pascua xuvenil na Casa Diocesana de Exercicios

  Aos mozos entre 13 e 35 anos con moitas ganas de ser felices, a Renovación Carismática Católica convídalles á Pascua Galicia 2011 do 21 ao 24 de abril de 2011.

Será en Lugo, na Casa Diocesana de Exercicios Espirituais, situada en cálea Bispo Ona de Echave, 14.

Comeza o xoves ás 16:00 e termina o domingo pouco antes de comer.

Para formalizar a inscrición consultar www.rcceiovenes.es ou chamar aos responsables da Pascua, aos teléfonos 657103623 e 657103624.

  O prezo é de 50 euros e inclúe todos os gastos de aloxamento e manutención, salvo a comida do xoves. O prazo de inscrición finaliza o 8 de abril de 2011. En caso de atrasarse poderás inscribirche até o 14, pero cunha recarga de 10 euros.

Antes de facer o ingreso comprobar que hai prazas contactando cos responsables a través de teléfono ou na dirección de correo electrónico pascuagalicia@mundo-r.com

Se os responsables confirman que hai prazas e que estás dentro do prazo, enviar os datos mediante a ficha de inscrición; énchea e envíaa a pascuagalicia@mundo-r.com e realiza o ingreso neste número de conta: 2091 – 0184 – 36 – 3040004831

(Titular: David González Gutiérrez / Caixa Galicia).

É imprescindible para a inscrición que indiques no concepto o teu nome e apelidos. Despois, chama por teléfono aos responsables para confirmalo. A inscrición quedará confirmada cando fixeses o ingreso, falado cos responsables e eles comprobasen o mesmo.

 Non esquecer levar:

Autorización paterna en caso de ser menor de idade

Cartón sanitario e resgardo do ingreso bancario.

Biblia, caderno e bolígrafo.

Todo o necesario para o aseo persoal: toalla, etc…

Roupa branca para a vixilia!.

O corazón ben aberto e moitas ganas de deixarche sorprender polo Señor.

 Na seguinte web tes máis información: www.rccejovenes.es

A %d blogueros les gusta esto: