Día da Familia Adoradora

Festa anual da familia adoradora da Diocese de Lugo o día 11 de setembro en Portomarín. O programa é o seguinte:

– Ás 11.00 horas: Recepción de adoradores, familiares e amigos na Casa da Cultura de Portomarín.

– Ás 11.30 horas: Charla a cargo do Delegado de Zona de Xuvenís e Tarsicios da A. N. E.

– Ás 12.00 horas: Procesión de Bandeiras até a Igrexa Parroquial.

– Ás 12.30 horas: Rezo de Laudes e Eucaristía (Misa do pobo)

– Ao finalizar, actuará un grupo musical na praza do Peregrino (fronte á Igrexa)

– Ás 14.30: Comida de confraternidade

– Ás 17.00 horas: Saída cara a Ferreira de Pallares (Guntín) onde se visitará o antigo mosteiro, se rezará o Santo Rosario e haberá unha ofrenda floral ante a imaxe da Santísima Virxe, na igrexa monacal.

De Lugo parten autobuses ás dez da mañá desde a Mosqueira (preto da estación de autobuses) realizando as paradas en sindicatos e na “Fonte dos Ranchos”.

 

Festa convivencia cos maiores en Santalla de Lóuzara

A Fundación O Noso Lar celebra en Santalla de Lóuzara o domingo 21 a Festa de Convivencia cos Nosos Maiores, na que participarán unhas 1.700 persoas do concello de Samos.

Ás doce da mañá será a Eucaristía, presidida por Miguel Gómez. Despois, os voluntarios ofrecerán un pregón, os veciños maiores de 90 anos serán homenaxeados e servirase unha comida gratuíta. A actuación musical corre a cargo da charanga NBA da Coruña.

Durante a celebración da festa repártese o último número da revista semestral que publica a Fundación O Noso Lar.

A festa celébrase nesta ocasión baixo a lema Somos nós.

Somos nós: maiores, xoves e nenos, os que xuntos levamos vinte anos dándonos o pracer de celebrar e gozar da festa de convivencia cos nosos maiores. Unha verdadeira festa de fraternidade, na que se comparte alegría, humor, amizade, fe…

Somos nós, os que desde hai vinte anos vimos organizando actividades cos maiores e cos máis novos que ofrecen oportunidades para subsanar as dificultades de vivir na aldea. Todos xuntos o facemos posible porque somos nós

Somos nós, os que co noso traballo, a nosa xenerosa aportación e gratuíta colaboración, facemos que se poidan levar a cabo as actividades. É este un aspecto importante que convén non olvidar para evitar que nos enganen, e sobre todo para sentirnos orgullosos do que somos capaces de facer xuntos.

 

Misa de Benvida aos participantes nos Días na Diocese

 

Mons. Alfonso Carrasco Rouco presidiu o día 12 de agosto a Misa de Benvida ao centenar de mozos peregrinos provenientes de Australia, Venezuela, Estados Unidos, Brasil e Irlanda. A Eucaristía foi oficiada en castelán, con partes en latín e inglés.

Acompañados de voluntarios e membros das familias que estes días os acollen nas súas casas, os mozos interviñeron activamente na celebración, que

O bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco, comezou agradecéndolles a súa presenza en Lugo.

Na súa homilía, Mons. Carrasco estableceu un paralelismo entre a chegada destes peregrinos que falan diferentes idiomas e o misterio de Pentecoste.

Finalizou amosando a súa profunda alegría por acoller a peregrinos de tantos países que dan testemuño importante.

Nova xornada dos Días na Diocese

 

O día 13 ofrécese aos participantes estranxeiros nos Días na Diocese a oportunidade de coñecer Santiago e para os que xa estiveron alí, visitar a zona sur da provincia: Monforte (visita ao museo das Clarisas, visita e Eucaristía en San Vicente do Pino, comida no Santuario de Cadeiras e tamén visita aos Escolapios e dunha adega na Ribeira Sacra).

Antes de partir, a coordenadora dos Días na Diocese, Ana Sureda, encargouse de facer unha presentación da figura do Apóstolo na igrexa de A Nova (Lugo). O párroco, josé Pérez Barreiro impartiu a bendición.

A xornada do sábado remata cun rosario pola muralla ás 22 horas desde a Porta de Santiago.

A %d blogueros les gusta esto: