A Nosa Voz
Actividades de Nadal organizadas polo Servizo de Infancia e Xuventude de Cáritas
Con motivo do Nadal dende o Servizo de atención á infancia e xuventude ofértanse unhas Actividades de Nadal para nenos e nenas de idades comprendidas entre os 8 e 12 anos. A idea é ofrecer unha alternativa diferente para o tempo libre. Preténdese fomentar valores positivos, de xeito educativo e lúdico.
Este ano a actividade terá como centro base o Colexio Divino Mestre.
As actividades consistirán en xogos, obradoiros, cancións, saídas, teatro, festa. Serán os días 27 e 28 de decembro en horario de 10 a 13:30 e 16 a 19:30 h.
Cos adolescentes que participaron nas actividades creadas polo Servizo de atención á infancia e xuventude ofértase un Obradoiro de DJ que terá lugar o día 29 de decembro no Centro de Servizos de Cáritas na Avenida das Américas.
Concerto de corais na Catedral
O sábado 22, ao finalizar a Misa das 20 h, no altar do Bo Xesús da Catedral de Lugo, hai un recital de Nadal a cargo do Orfeón Lucense, dirixido por Marcos Fernández Mosquera e tamén actúa como coro invitado o Orfeón Xoán Montes, dirixido por Miguel Ángel Mouriz.
Mercado benéfico a favor de Cáritas en Melide
Entre os días 21 e 23 celebrase un mercado benéfico na Praza do Convento a favor de Cáritas. Os obxetos que se poden mercar a prezos económicos son doados por comercios, empresas e particulares. Colaboran coa organización o Concello de Melide, a parroquia de San Pedro de Melide e Cáritas Melide.