Intervención de José Antonio González no II Encontro Eucarístico

J. Ant. González II Encontro Eucarístico

No primeiro acto académico do II Encontro Eucarístico Lucense intervén o profesor emérito dos Institutos Teolóxicos Lucense e Composteláno, José Antonio González. O título da súa conferencia é “A cea do Señor: memorial e promesa. Historia e escatoloxía”. Nunha primeira parte aborda cuestións históricas: como entendían as xentes da Antigüidade a comida e o aspecto pascual. Nunha segunda parte trata sobre o carácter de promesa da Cea do Señor, dimensión que a fai presente hoxe en día. Finalmente, toca o aspecto da Eucaristía como anticipación do Reino de Deus.

II Encontro Eucarístico Lucense a partir do 28 de febreiro

Encontro Eucarístico Lucense 2

Xoves 28 de febreiro de 2013

S. I. CATEDRAL BASÍLICA

18:30 Presentación do II Encontro Eucarístico Lucense,

Inauguración do símbolo diocesano conmemorativo do Ano da Fe. É un símbolo realizado polo Delegación Diocesana de Liturxia.

20:00 Misa de acción de grazas polo pontificado de Benedito XVI

21:00 Adoración eucarística diocesana. Todas as parroquias da Diocese que se adhiran á iniciativa realizarán un momento de oración ante o Santísimo

Venres 1 de marzo de 2013

10:00 Eucaristía na Parroquia de SANTIAGO A NOVA

Conferencias na CASA DO SABER. (Vicerreitorado de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo da USC, Praza de Pío XII, 3):

11:00 Conferencia “A cea do Señor: memoria e promesa. Historia e escatoloxía”

D. José Antonio González García, profesor emérito do I. Teolóxico Lucense e do I. Teolóxico Compostelán

12:30 Comunicación “A música eucarística do s. XX na Catedral de Lugo”

D. Luís Varela Castiñeira, Párroco de Santiago A Nova e membro do LEC

Exposición na Parroquia de SANTIAGO A NOVA

17:00 Presentación e apertura da exposición “Viron e creron”. A alegría e a beleza de ser cristiáns

Dª Marta Rivera de la Cruz, Xornalista e escritora

D. David Varela Vázquez, Secretario do LEC e profesor do I. Teolóxico Lucense

CASA DO SABER:

 19:30 Conferencia “A contemporaneidade de Cristo”

D. Javier M. Prades López, Reitor Magnífico da Univ. Eclesiástica San Dámaso

Sábado día 2 de marzo de 2013

 CASA DO SABER: 

10:00 Conferencia “A Eucaristía e o sacerdocio do fieis”

D. José Ramón Villar Saldaña, Profesor da Facultade de Teoloxía da Universidade de Navarra

O P. Sayés inicia o ciclo de conferencias “Occidente ante o século XXI”

A primeira conferencia é do Padre Sayés, co título conferencia “Por que creo (No Ano da fe)”, o martes 26 ás 20 h. no Salón de Actos da Deputación de Lugo. O padre Sayés é profesor de teoloxía fundamental na Facultade de Burgos.

Francisco Vázquez e Frei Francisco Castro son os outros conferenciantes deste ano 2013 que intervirán os días 5 e 13 de marzo, respectivamente. 

Alberto Riádigos e Daniel Gil serán ordenados sacerdotes o día 23

Ordenacións Daniel e Alberto diáconos
Alberto e Daniel cando ían ser ordenados diáconos

Daniel Gil González e Alberto Riádigos García son dous seminaristas que serán ordenados sacerdotes polo Bispo de Lugo o 23 de febreiro ás 17.30 na Catedral. Naturais de Lalín, colaboraron pastoralmente en varias parroquias.

Palabras de Alberto: “Sumamente compracido, entregueille a Xesús a miña vida. Á fin e ao cabo, El concedeuma desde un principio; El rescatouna, conquistándoa para si, cando eu estaba a piques de perdela; e El volveuna a poñer dentro de min, esta vez, enriquecida coa súa mesma Vida”.

Palabras de Daniel Gil: “No Seminario decateime de que non vou ser eu o que estimule os corazóns dos demais fieis, senón que será El quen, a través de min, manifeste todo o seu amor. Eu só serei mero instrumento nas súas mans, como unha tinta indeleble coa que poida escribir nas páxinas da historia”.

Exercicios espirituais para universitarios

Exercicios espirituais para universitarios galegos

Estes exercicios espirituais (desde a experiencia ignaciana) comezan o venres 15 ás 6 da tarde e rematan o 17 ás 5 da tarde. Están organizados polas delegacións de pastoral universitaria das dioceses galegas baixo o lema “O camiño da fe: máis nos feitos ca nas palabras.

Diríxeos o P. Francisco José Varela Lozano, que comezou a formarse na Escola de  Exercicios Espirituais do Centro de Espiritualidade “San Ignacio” de Salamanca

A %d blogueros les gusta esto: