Exercicios espirituais para segrares

A Casa Diocesana de Lugo acolle entre os días 8 e 10 de marzo uns exercicios espirituais para movementos e asociacións de apostolado segrar; laicos non asociados, matrimonios, mozos, universitarios, profesores de relixión e todo cristián laico que busque atoparse con Deus.

Organizados pola Delegación Diocesanas de Apostolado Segrar, estarán dirixidos por Julio César Doval, Padre Redentorista e párroco de San Cristovo das Viñas (A Coruña).

D. Alfonso Vilariño escribe sobre os 25 anos das Irmás da Cruz en Lugo

Unhas Vodas de Prata son, sen dúbida, un acontecemento singular, entrañable e gozoso. Así vivimos a maioría da sociedade lucense, amigos e admiradores das Irmás da Cruz as súas Vodas de Prata, da súa chegada á nosa cidade.

Foron 25 anos nos que o carisma de Sta. Ángela da Cruz de servizo, amor e tenrura aos máis pobres, anciáns, enfermos, marxinados… estivo presente nas parroquias de Lugo.

O acontecemento merecía unha celebración extraordinaria e así se fixo. Un triduo solemne no marco incomparable da Santa Igrexa Catedral Basílica ante o Santísimo Sacramento, permanentemente exposto, privilexio desta catedral, acollía o desenvolvemento dos actos, cuxo punto central era a celebración da Eucaristía.

Ler máis

Ciclo de conferencias “Occidente ante o século XXI”

No Salón de Actos da Deputación de Lugo intervén o martes 5 de marzo ás 20h  Francisco Vázquez para falar da nova situación da Igrexa, con sé vacante. O conferenciante recurrirá á súa experiencia como embaixador durante os anos 2006 – 2011 na Santa Sé.

Frei Francisco Castro concluirá o 13 de marzo estas XI Xornadas que organiza a Xunta de Confrarías de Semana Santa de Lugo. 

Día do Misioneiro Diocesano e de Hispanoamérica

2 de marzo: Xornada do Misioneiro Diocesano

Hai unha mesa redonda con laicos que tiveron experiencia misioneira ás 5 da tarde no salón parroquial de San Francisco Xavier, Lugo, e Eucaristía ás 6:30h.

Domingo día 3 marzo: Día de Hispanoamérica

Convídase a todas as persoas de Hispanoamérica a participar na celebración eucarística de 12:30 na parroquia de San Francisco Xavier.

A continuación haberá unha Exposición de cultura latinoamericana.

Luis Varela Castiñeira fala sobre a música eucarística

Luis Varela II Encontro Eucarístico

Luis Varela é o encargado da última intervención da mañá do 1 de marzo no II Encontro Eucarístico Lucense. Fala dos mestres de capela da Catedral de Lugo. Como recentemente se catalogaron as partituras do Arquivo da Catedral de Lugo, facilita o estudo desta cuestión. E de entre os compositores con máis obra,  está o maxistral e director de coros Juan Manuel Moreno Fuentes. Os asistentes á comunicación de Luis Varela escoitaron varias audicións que ilustraron o tema da comunicación: a música eucarística do século XX.

A %d blogueros les gusta esto: