Actividades da Asociación Xuvenil Ateibo para nenos durante a Semana Santa

mañas_semana_santa_

Durante estes días hai unha serie de actividades no colexio Divina Pastora de Lugo para nenos e nenas menores de 12 anos que teñen así a posibilidade de  ocupar as mañás da Semana Santa con outro tipo de actividades: obradoiros, deportes, animación á lectura, cogos, saídas. Son os días 25, 26 , 27 de marzo e 1 de abril. Organiza a Asociación Xuvenil Ateibo.

Cúmprense 60 anos da primeira procesión da Virxe da Esperanza

Confraría Virxe da Esperanza

A primeira procesión da Virxe da Esperanza saíu o 30 de marzo de 1953. O luns 25 de marzo de 2013 sae a procesión da igrexa da Nova ás 20:30.

Na actualidade hai uns 600 confrades (desde 1986 tamén mulleres) e na procesión do Luns Santo adoitan asistir entre 200/250. No Círculo das Artes faise unha parada para ler unha oración, que cada ano se encarga a unha persoa voluntaria.

No ano 2005 encargouse o paso da Oración de Xesús no Horto ao imaxineiro zamorano, Ricardo Flecha. A imaxe de Xesús está durante o ano no altar da Igrexa da Nosa Señora das Fontiñas. Este ano restaurouse o retablo que ocupa a Virxe no templo da Nova.

Actualmente a Virxe introdúcese na igrexa aos acordes da marcha “Virxe da Esperanza”, composta por un músico da banda do Terzo Norte.

Taller de Solidariedade e Madreselva organizan talleres de manualidades

A mañá do 16 de marzo, a partir das 10h na rúa Ramón Montenegro, 17 (Lugo), Taller de Solidariedade organiza un curso para dar vida á roupa vella. Concretamente faranse alfombras a partir de camisetas vellas. O recadado nesta actividade polas inscricións (20 € / persoa) será destinado a apoiar mulleres do Congo.

O primeiro sábado de abril haberá outro Taller solidario de Manualidades “Envolve os teus agasallos”

Taller de Solidariedade é unha Fundación promovida polas Servas de San Xosé.

Taller organizado por Madreselva:

O sábado 16 de marzo, de 12 a 14 e de 17.30h a 20.30h, no centro comercial As Termas, os nenos e nenas asistentes elaborarán cartóns e colares típicos de Mozambique.

Madreselva traballa en Lugo desde o ano pasado cun proxecto de reforzo escolar para mozos e mozas en situación de risco de exclusión social.

Cursiños de cristiandade a partir do día 15

Estes Cursiños de cristiandade serán entre os días 15 e 17 de marzo na Casa Diocesana. A entrada é o venres ás 20:30 e a saída o domingo ás 21h.

O novo Papa Francisco dirixíase hai dous anos aos “cursillistas” da arquidiocese de Buenos Aires con estas palabras: “É necesario que o Movemento de Cursos de Cristiandade a través da participación de todos, continúe o seu camiño de conversión pastoral”. 

Presentación da Semana Santa da cidade de Lugo

Presentación Semana Santa

O día 11 de marzo tivo lugar no Bispado a presentación da Semana Santa da cidade de Lugo. O primeiro en intervir foi o coordenador da Xunta de Confrarías, Ramón Basanta, que comezou sinalando que nunca se incluíran tantos actos. Por primeira vez celébrase un ciclo de charlas de formación e información para confrades e todos cantos queiran asistir. A primeira será o 21 de marzo.

A representante da Deputación, Regina Polín, referiuse ao cartel anunciador da Semana Santa, obra de Eduardo Ochoa, e dixo que a luz presente no cartel non quede nun símbolo senón que nos guíe a todos, para que, unidos, consigamos un mundo mellor.

Na súa intervención, a concelleira Carme Basadre dixo que a Semana Santa lucense é un valor que debemos transmitir. Invitou a asistir a todas as procesións, das que destacou dúas: a do Bo Xesús e a da Esperanza, polo que transmite a imaxe da Virxe.

Pechou o acto de presentación da Semana Santa o señor Bispo, Alfonso Carrasco. Lembrou que as confrarías teñen un carácter penitencial, o cal transmite aos seus membros a necesidade de cambio, de que necesitan outra luz no corazón. Nese sentido son unha testemuña, e fan decatarse ao resto dos membros da sociedade, que esta debe renovarse. 

[PROGRAMA en .PDF DA SEMANA SANTA EN WWW.SEMANASANTADELUGO.COM]

A %d blogueros les gusta esto: