Presentación do libro de Nicandro Ares: Estudos de toponimia galega

image

 No Salón de Actos da Real Academia Galega  acolleu o día 18 de setembro a presentación do libro Estudos de toponimia galega (vol. I e II), do sacerdote e académico correspondente Nicandro Ares Vázquez. Trátase dunha colectánea de artigos sobre a materia.

 Interviron no acto: Xesús Alonso Montero, Presidente da Real Academia Galega; Ramón Lorenzo Vázquez, coordinador do Seminario de Onomástica da Academia e Antón Santamarina Fernández, académico editor da obra elaborando, entre outras cousas, uns índices que facilitan a consulta.

Concluíu a peregrinación a Fátima da Hospitalidade de Lourdes

Misa Internacional Fátima 2013

A Hospitalidade da Nosa Señora de Lourdes organizou, desde o pasado venres día 13 de setembro ao luns día 16 de setembro de 2013, a Terceira Peregrinación Diocesana de Lugo a Fátima (Portugal), na que participaron un total de 110 peregrinos acompañados de 2 sacerdotes. Os peregrinos participantes son: enfermos, persoal sanitario, hospitalarios e peregrinos, todos eles socios da Hospitalidade diocesana.

No Santuario de Fátima houbo distintas celebracións: Misa na Capelinha das aparicións presidida por Lugo, Procesión dos fachos, Víacrucis, Misa Internacional (na foto). Ademais, os peregrinos participantes visitaron Lisboa, Belén, Estoril, Cascais, Sintra, Bathala (Santa María da Vitoria), Alcobaza, Nazaré, Coimbra, todo o conxunto de Bon Jesú e o gran santuario de Sameiro, lugar onde se tivo un Acto Mariano.

A aparición de María na Salette ten o seu centro en Cristo

Ano Xubilar saletino

O próximo ano cúmprense nada menos que 150 da presenza de María baixo a advocación de Nosa Sra. da Saleta na parroquia-santuario de San Miguel de Siador. Por este motivo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco promoveu e apoiou con entusiasmo a celebración dun Ano xubilar. Xa hai meses solicitou do Papa a través da Penitenciaría Apostólica a graza xubilar da indulxencia plenaria, a cal foi concedida.

A aparición de María aos pastores Maximino e Melania, o 19 de setembro de 1846, nunha montaña situada na Salette (Alpes), atópase entre as recoñecidas e aprobadas oficialmente pola Igrexa. Desde entón son moitos os que atoparon na mensaxe da Saleta o camiño da conversión, a profundización da súa fe, o dinamismo para a súa vida cotiá.

Se algo caracteriza profundamente a aparición de María na Salette, tanto a mensaxe como os signos, é a súa centralidade en Cristo. As súas palabras apuntan ao seu Fillo, e o crucifixo que está sobre o seu peito atrae poderosamente a atención de Maximino e Melania, e del irradia a luz que envolve toda a aparición. Na oración tradicional dirixida a Nosa Sra. da Saleta pedímoslle: “Volve os nosos corazóns cara ao teu Fillo Xesús, alcánzanos a graza de amalo sobre todas as cousas…”. No transcurso do Ano xubilar sexa esta nosa súplica perseverante e unamos a ela a nosa decidida determinación de facer de Xesús o amor da nosa vida.

P. Amador Marugán Patiño, M.S.

A %d blogueros les gusta esto: