Mans Unidas organiza a proxección da película “A fonte das mulleres”

cartel PROYECCION  LA FUENTE DE LAS MUJERES

Dentro do seu programa de sensibilización, Mans Unidas de Lugo proxecta a película “A fonte das mulleres”, o xoves 23 ás 19 horas no salón de actos de Fundación Novagaliciabanco, (pza. de Sta. María, Lugo) con entrada gratuíta.

A película amosa a historia cotiá de moitas mulleres do mundo, que teñen que dedicar bastantes horas do seu día á obtención de auga. Conta de forma moi clara as reinvidicacións das mulleres, deixando paso á esperanza de que as cousas poden cambiar. A película dá que pensar e lembra que con tesón e sacrificio é posible o triunfo dunha causa xusta.

O director tivo a virtude de abordar un tema cun envoltorio fermoso, emotivo, romántico e con golpes de humor.

As protagonistas fan unha folga de amor, non por neglixencia ou rancor, senón por amor. A falta de amor e liberdade afecta por igual a homes e mulleres. Ambos anhelan un porvir sen inxerencias doutros. 

Miguel Ángel Álvarez: Só Deus é capaz de ser pai de toda a humanidade

“Quen se pon en camiño para practicar o ben, achégase a Deus, e xa é sostido por El, porque é propio da dinámica da luz divina iluminar os nosos ollos cando camiñamos cara á plenitude do amor”. Así di o texto da Lumen Fidei (n. 35) escollido para este comentario.

Facer o ben e camiñar cara á plenitude do amor, é algo que só poderemos conseguir, satisfactoriamente, se consideramos que Deus é a única fonte do amor e do ben.

A Sagrada Escritura fálanos con frecuencia de que Deus é amor. Xesucristo insístenos no Mandamento do Amor. Benedito XVI escribiu unha encíclica titulada Deus Caritas est, (Deus é Amor).

E o mundo actual está moi sensibilizado coa importancia de axudar aos máis necesitados da sociedade, ou, dito con outras palabras, co exercicio da caridade. Pero non nos podemos enganar nisto. A solidariedade está moi ben, pero isto é ao máximo que podemos chegar por un sentimento máis ou menos humanitario.

Do que de verdade está necesitado o mundo é de fraternidade, de que, dunha vez por todas, todos nos consideremos irmáns ata as últimas consecuencias.

Para ser irmáns temos que ser fillos dun mesmo pai, e só Deus é capaz de ser pai de toda a humanidade, precisamente polo que nos di Francisco na cita de hoxe, porque El é a plenitude do amor, porque El é amor infinito.

Con Deus ao noso carón facer o camiño do ben é outra cousa.

Miguel Ángel Álvarez Pérez

19 de xaneiro: Xornada do Emigrante e do Refuxiado

19 xaneiro Xornada das MigraciónsO 19 de xaneiro a Igrexa celebra a Xornada Mundial do Emigrante e do Refuxiado. Con tal motivo, o Papa Francisco difundiu unha mensaxe na que fala das migracións como algo que posibilita unha nova humanidade, na cal cada terra estranxeira é patria e cada patria é terra estranxeira. Tamén di o Papa que “a Igrexa, en camiño cos emigrantes e os refuxiados, comprométese a comprender as causas das migracións, pero tamén a traballar para superar os seus efectos negativos e valorizar os positivos nas comunidades de orixe, tránsito e destino dos movementos migratorios.” Ver texto completo

Comeza o Curso de Formación en Matrimonio e Familia

197 participantes, 75 nenos e 10 monitores estarán este sábado en Silleda para participar na 1ª xornada do Curso de Formación en Matrimonio e Familia. 

Tras o relatorio da mañá, Antropoloxía da familia, a cargo de Xosé Manuel Domínguez, pola tarde haberá a oportunidade de coñecer interesantes experiencias de diversos ámbitos da Pastoral Familiar en España. En concreto, as Escolas de Familias da Arquidiocese de Toledo. Van máis aló dunha escola de pais, integrando tamén aos fillos de forma que poida vivir esta experiencia toda a familia.

Celebración de San Antón Abade

Algúns actos:

  • San Clodio Ribas de Sil. A misa do día 17 na Capela de San Antón, Cubela, será ás 13:00. Participarán na romaría os gaiteiros: Bico da Balouta (Agolada) e o Recanto (Quiroga). Desde 1998 volve a celebrarse a Romería de San Antón, cando os veciños de Torbeo van ata a aldea de Cubela.

  • Lugo: Capela da Soidade, día 17 ás 17h, Misa e posteriormente imponse “o santo” e faise a bendición de animais.

  • Quiroga: No adro da igrexa do Hospital o día 18 ás 12:45 será a bendición de animais e a continuación, Eucaristía.

A %d blogueros les gusta esto: