Sebastián Mora advirte dunha segunda avalancha de pobreza

Sebastián Mora

O Secretario Xeral de Cáritas Española, Sebastián Mora deu unha rolda de prensa nos locais de Cáritas Lugo o día 27. Nela advertiu dunha segunda ondada de pobreza por tres motivos. Despois de catro anos de crise, os aforros das familias van esgotándose, a protección social pública sufriu unha erosión e as organizacións sociais non son infinitas na capacidade de axudar e non poden substituír ás familias nin ao Estado.

Tamén foron tres as liñas de acción que considerou determinantes para intentar solucionar a pobreza intensa: 1) unha renda básica de cidadanía para todas as familias que non teñen ningún tipo de ingreso (a nivel estatal son case 300.000); 2) políticas activas de emprego que xeren oportunidades de traballar especialmente para os colectivos máis excluídos e 3) maior colaboración cidadá, das empresas e das institucións, poñendo o foco na loita contra a pobreza e a exclusión social.

Festividade de Santo Tomás no Seminario

santo Tomé no Seminario

Con motivo da festividade de Santo Tomás de Aquino, o día 28 organízanse no Seminario Diocesano os seguintes actos:

  • 19h: Eucaristía na Capela Maior

  • 20h: Na Aula Magna, conferencia de presentación da exhortación apostólica do Papa Francisco, a cargo do Vicario para a Nova Evanxelización da Diocese de Ourense, Francisco José Prieto Fernández.

Conferencia do Secretario Xeral de Cáritas, Sebastián Mora

Cáritas 50 anos de encontros 2

Co lema “50 anos de Encontros”, Cáritas Lugo inicia unha serie de actos cos que celebrar a súa traxectoria

 O primeiro dos actos é unha conferencia que pronunciará o luns 27 ás oito da tarde no salón de actos do hotel Méndez Núñez Sebastián Mora que é o Secretario Xeral de Cáritas España. O título será “Claves históricas dunha resposta”. 

Encontros interconfesionais na Diocese de Lugo

O sábado 25 de xaneiro, ás 19:00h na parroquia da Régoa, de Monforte, hai unha oración común da comunidade evanxélica e as igrexas ortodoxa e católica.

O día seguinte, o domingo 26 de xaneiro, ás 17:00, na parroquia de Santiago A Nova, de Lugo, haberá unha oración, participando tamén protestantes, ortodoxos e católicos. Está coorganizado pola Delegación de Apostolado Seglar. Ás 18:30, na Praza Maior, lerase un manifesto sobre os 8 Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio.

Materiais da Semana de oración pola unidade dos cristiáns 2014

Semana de Infancia Misioneira en Lugo

cartel xORNADA INFANCIA MISIONEIRA

Entre os días 20 e 26 de xaneiro sucédense os actos para promover a Infancia Misioneira no Seminario, colexios centros de acollida de nenos e de discapacitados psíquicos. O misioneiro comboniano Antonio Guirao animará a vivir a Infancia Misioneira por diversos puntos da Diocese.

O venres 24 haberá ás 17:30-18:30 un Encontro lúdico-catequético con nenos de todo Lugo na parroquia San Francisco Xavier. Tamén o venres, pero ás 19h celébrase unha Eucaristía e catequese de Comuñón na parroquia de Santa Comba. Á mesma hora do domingo 26 na Catedral haberá a Misa do Día da Infancia Misioneira. Ao longo do día será en diferentes parroquias.

Guión litúrxico

A %d blogueros les gusta esto: