Exercicios espirituais organizados pola Delegación de Apostolado Seglar

Os exercicios comezan o venres 21 pola tarde e rematan o domingo 23 de marzo de 2014, na Casa Diocesana de Exercicios de Lugo. Están impartidos polo crego da diocese de Ourense, D. Bruno Fuentes Blanco.

Máis información no e-mail laicos@diocesisdelugo.org ou no teléf. 981 92 23 92

III Semana pola Vida en Lugo

Entre os días 19 e 21 de marzo, Lugo celebra a III Semana pola Vida, organizada pola Plataforma Si á Vida.

O programa contempla 3 conferencias no salón de actos Nova Galicia Banco (Pza. de Santa María, Lugo), ás 20:00 horas:

Día 19, o escritor José Manuel Belmonte Seco: “Con vida, cualquier reto”

Día 20, o psicólogo Martiño Rodríguez: “Síndrome post-aborto”

Día 21, o doutor en Ciencias Biolóxicas Nicolás Jouve de La Barreda: ‘Mitos e falsidades sobre o aborto’.

Recomendacións dos bispos galegos ante o día de San Xosé

O 19 de marzo, solemnidade de San Xosé, festa de precepto na Igrexa Católica, non aparece incluído no calendario de festas do ano 2014 en Galicia, aínda que si nalgúns concellos. Polo tanto, considérase, civilmente, como día normal de traballo.

Ante esta circunstancia, os bispos da provincia eclesiástica compostelá recomendan:

– Que os fieis que o 19 de marzo teñan xornada laboral ordinaria participen na Eucaristía, aínda que quedan dispensados do precepto.

– Que os sacerdotes faciliten un horario apropiado para iso.

– Que se dea publicidade a estas recomendacións e aos horarios de misas.

Presentación do libro cos relatorios do II Encontro Eucarístico Lucense

Copia de Presentac Libro II Encontro Eucarístico

O martes 18 de marzo ás 19h preséntase na libraría La Voz de la Verdad o libro que recolle os relatorios do II Encontro Eucarístico Lucense “Este é o sacramento da nosa fe” organizado polo Lucense Eucharisticum Centrum (LEC).

Algunhas das intervencións no II Encontro Eucarístico foron: “A música eucarística do s. XX na Catedral de Lugo”, por Luis Varela Castiñeira; conferencias tituladas “A cea do Señor: memoria e promesa. Historia e escatoloxía” por José Antonio González García; “A contemporaneidade de Cristo” a cargo de Javier M. Prades López; “A Eucaristía e o sacerdocio dos fieis” por José Ramón Villar Saldaña. No libro tamén se inclúe un traballo de José Molejón.

A presentación da obra corre a cargo de Luis Varela, José Antonio Ferreiro, Javier Diéguez e clausura o acto o señor Bispo.

A %d blogueros les gusta esto: