Asinado un convenio para crear un arquivo fotográfico dixital de patrimonio relixioso

Asinatura convenio foto dixital

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón e o Vicario Xeral da Diocese de Lugo, Mario Vázquez Carballo, asinaron o día 25 de abril un convenio para a recollida de maneira fotográfica dixital de parte do patrimonio relixioso da cidade de Lugo: Catedral de Lugo, Pazo Episcopal, Igrexa de San Pedro (conventual de San Francisco), Convento de Santo Domingo, igrexa de Santiago A Nova, igrexa de San Froilán, Capela de San Roque, Capela do Carme e Capela da Soidade.

Será de gran interese para a difusión do patrimonio histórico-artístico da cidade de Lugo pois as imaxes dixitalizadas usaríanas, por exemplo, estudosos da evolución da cidade.

O proxecto enmárcase dentro do programa Muralla Dixital, financiado pola Unión Europea, e que busca valorar o patrimonio histórico e arqueolóxico a través da aplicación e do uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación.

Aemblea de Catequistas da Diocese de Lugo

portada Orientacións animador catequese

A Delegación diocesana de Catequese convocou unha Asemblea de Catequistas no Seminario Diocesano o sábado 26 de abril, co seguinte programa:

10,30h Acollida

11 h Presentación: ser catequista hoxe á luz do libro Queridos catequistas do Papa Francisco.

11,30h Reflexión en grupos

12h Posta en común. Presentación de iniciativas e experiencias

12,45h Eucaristía

13,45h Comida

15h Proxección da película

17h Envío e despedida

Na Asemblea entregouse de material para usaren os catequistas nas reunións cos pais.

Iniciativa misioneira na parroquia de San Antonio de Padua

parroquia San Antonio Lugo 2

Na parroquia lucense de San Antonio poñen en marcha unha iniciativa misioneira, que permitirá aos nenos coñecer que se experimenta cando se axuda a outros nenos que o necesitan. Poderán comprobar que facer felices aos demais co seu granciño de area non ten prezo.

Como primeiro paso que dá comezo a esta iniciativa, hai unha Vixilia de carácter misioneiro  o 26 de abril (sábado) ás 20:30 .

Posteriormente, adícase o mes de maio como mes das misións, e comézanse unha serie de talleres para nenos o día 11 de maio despois da misa das 11:00 da mañá, e continuará á mesma hora os días 18 e 25 de maio. Nestes talleres haberá cinema, contacontos, manualidades…. e até haberá carnés! Colabora a Delegación de Misións.

 

Preparativos da Xornada das Vocacións Nativas

27 abril Vocacións Nativas galego

O xoves 24 e o venres 25 ás 17:30 h. haberá na parroquia San Francisco Xavier catequese con nenos de primeira comuñón para preparar a Xornada das Vocacións Nativas.

Na salón parroquial da mesma igrexa, o venres 25 ás 20h hai un coloquio co tema Por que é necesario que colaboremos coas Vocacións Nativas?. Finalízase cunha oración.

Vacacións-convivencia dos maiores de Samos en Castellón

Párrocos da zona de Samos levan 25 anos organizando unhas vacacións-convivencia feitas nun clima de amistade, humor e alegría. Nelas compártese o mellor de cada un. A boa convivencia fai medrar as gañas de vivir e de sentirse ledos. A organización da viaxe enfócase aos maiores, pero tamén poden participar outras persoas adultas que o desexen.

Este anos sáese de Samos o 23 de abril, con xantar e pernocta en Aranjuez. A residencia ata o día 29 será en Oropesa del Mar, unha vila típicamente mediterránea da costa do Azahar. Desde aquí visítanse Castellón, Peñíscola, Benicasim, Morella e aproveitando a viaxe de regreso, Cuenca.

A %d blogueros les gusta esto: