Xornada especial de Adoración ao Santísimo Sacramento

Xornada adoración na Catedral

 Comezará ás 9 h na Catedral de Lugo o sábado 3 de maio e terminará ese día ás 20 h cunha Eucaristía presidida polo Bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco
Por primeira vez seguirase durante o día o mesmo esquema de adoración que seguen as quendas que velan ao Santísimo Sacramento durante a noite na catedral de Lugo

 Organízase esta Xornada coa intención de revitalizar o culto ao Santísimo, dar a coñecer o labor da Adoración Nocturna e de animar aos lucenses a unirse á adoración.
Ademais dos membros  adoradores das quendas de Adoración Nocturna participarán grupos de persoas de movementos de apostolado, Camiño Neocatecumenal, Lexión de María, Seminario diocesano, parroquias da cidade e todos aqueles lucenses que se queiran unirse a esta excepcional xornada.

IV Congreso de Educadores Católicos

Copia de IV Congreso educadores cartel

Co lema Educar para ser felices, o 3 de maio no Gran Hotel Lugo celebrarase o IV Congreso de Educadores Católicos, organizado polas Delegacións Diocesanas de Ensino e de Pastoral Universitaria. O programa é o seguinte:

– 10:30 Saúdo de benvida e oración
– 11:00 Influencia da ideoloxía de xénero na educación, por D. Benigno Blanco Rodríguez, Presidente do Foro Español da Familia. Avogado de Profesión
– 12:00 Descanso

– 12:30 Mesa redonda: Experiencias Educativas

 Proxecto Educativo dun colexio singular, historia e actualidade, Dna. Enyd Fernández López, Directora do Colexio Ferroviario de Monforte de Lemos

 Apuntes sobre o labor educativo de Cáritas-Lugo. 50 anos de historia Dna. Ana María Veiga González, do Programa de Infancia e Xuventude de Cáritas

 A ilusión polo educación dun sacerdote singular. D. Vidal López Ferreiro. O proxecto educativo do Colexio María Inmaculada. Historia e actualidade. D. Luis Fernández Eiré, Director do Colexio María Inmaculada de Silleda

– 14:00 Xantar
– 16:00 Sobremesa Máxica con Nacho
– 16:30 Homenaxe a educadores ilustres
– 17:00 Clausura a cargo do Xefe territorial da Consellería de Educación en Lugo, D. José Ramos Ledo e do Bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco 

Bendición dun novo órgano en Hospital do Incio

Copia de bendición organo Hospital Incio

O sábado 26 de abril, ás 13 horas, o reitor do Seminario, David Varela, en nome do Bispo, procedeu á bendición dun órgano que foi doado por D. Francisco Parada Torres, fregués da parroquia de Trascastro do Incio na parroquia do Hospital do Incio, arciprestado de Sarria. A continuación, houbo unha comida fraterna.

Testemuños de lucenses sobre as figuras de Xoán Paulo II e Xoán XXIII

canonizac Xoan XXIII e XP II

Varios lucenses asisten o día 27 á canonización en Roma de Xoán Paulo II e Xoán XXIII. Coa Delegación da Xuventude de Lugo, por exemplo, van sete persoas.

Aquí recollemos as impresións de varios lucenses sobre as figuras dos dous papas.

Gonzalo Fraga Vázquez, deán da Catedral, historiador:

O labor de Xoán Paulo ll como Papa foi extraordinariamente fecundo e intenso. Traballou pola unidade de Europa; tivo moito que ver na caída do comunismo; defendeu tenazmente a familia e os dereitos da persoa; mellorou as relacións co mundo da ciencia e da cultura; impulsou o diálogo con crentes e non crentes…”.

Xoán XXIII pasará á historia como o Papa que convocou o Concilio Vaticano II, que foi o maior acontecemento dos tempos modernos. Pero Xoán XXIII, coa súa naturalidade, coa súa bondade e a súa humildade, será o “Papa bo” que conquistou a católicos e non católicos. Eu mesmo puiden comprobalo escoitando ó pobo de Roma”.

Alfonso Vilariño Blanco, dtor. espiritual da Adoración Nocturna Feminina:

“Sería absurdo en catro liñas dar unha testemuña sobre o Xoán Paulo II. Con todo o risco digo que asumiu con coherencia, con coraxe e con esperanza a súa misión, centrada en dúas claves: “Abride as portas a Cristo; non teñades medo” e a Nova Evanxelización”..

A Xoán XXIII defínoo, como o aclamou o pobo romano: “O Papa Bo”. Tamén (non son orixinal), defínoo como aquela serventa romana: “un cristián auténtico na cadeira de Pedro”. Tomou ao pé da letra cada un dos artigos da fe que lle ensinaron.

Ler máis

A %d blogueros les gusta esto: