Conferencia de José Rodríguez Carballo con motivo dos 50 anos de Cáritas

P. Carballo (Lodoselo)

O padre José Rodríguez Carballo dará unha conferencia sobre os signos dos tempos en Lugo o 4 de xuño ás 17.30h no salón de actos do Colexio dos PP. Franciscanos. Título: “A historia, signo dos tempos para o exercicio da caridade”

Rodríguez Carballo é o secretario da Congregación para os Institutos de Vida Consagrada e Sociedades de Vida Apostólica

Ás 20 h. haberá unha Eucaristía na Catedral en conmemoración dos 50 anos de presenza de Cáritas en Lugo.  

Certame fotográfico sobre a Eucaristía e o patrimonio relixioso

Copia de Concurso fotografia

 O Centro Eucarístico Lucense convoca un concurso de fotografía no que  poderán participar todas as persoas que o desexen, cos seguintes temas:

A Eucaristía en Lugo

O patrimonio relixioso cristián na Diocese de Lugo

Cada participante poderá presentar antes do 6 de xuño ata 4 fotografías en branco e negro ou en cor.

[Ver as bases]

Ciclo de conferencias sobre as persoas que coidan a dependentes

Copia de Ciclo conferencias coidadores día 30

 O Centro de Orientación Familiar Diocesano, en colaboración co Concello de Lugo, organiza no Centro social Uxío Novoneyra ás 18h un ciclo de conferencias de especial interese para quen teña ao seu cargo persoas  dependentes. O programa é o seguinte:

30 de maio:

O coidador na encrucillada: entre o amor, a rabia, o deber e a culpa

Relator: Martiño Rodríguez González. Psicólogo, Terapeuta Familiar e Director do COF Diocesano de Lugo

6 de xuño:

Orientacións sobre o aseo, a alimentación e o coidado da persoa dependente

Relatora: Sonia Abeledo Sánchez. Educadora Social, Auxiliar de Enfermaría e formadora en atención á discapacidade, terceira idade e saúde.

20 de xuño:

Coidar coidándose. Reflexións sobre a síndrome do coidador queimado, a comunicación e a autoestima

Relatora: Noemí Devesa Montouto. Psicóloga, Diplomada en Maxisterio e formadora en temas de dependencia.

27 de xuño

A asistencia na vellez: a que recursos e apoios podo acceder?

Relator: Manuel Pérez Puente, Director do Centro de Día ABRITE

4 xullo:

Reflexións sobre o Alzheimer e outras demencias, e coloquio aberto cun xeriatra experimentado

Relator: Manuel Melero Brezo, Médico especialista en xeriatría

Peregrinación xuvenil ao santuario do Faro

Copia de Peregrinacion Faro 2014

Os primeiros participantes veranse o venres 30 de maio ás 7 da tarde en Chantada, alí presentaranse e despois de cear irán a un concerto que está preparado por Pascua Xove; ao terminar vaise ao pavillón de deportes que será o aloxamento.

Ao día seguinte, sábado, tras o almorzo; haberá exposición dun tema (sentido da vida)e reunión por grupos; despois irase en bus até o lugar onde se comeza a camiñar cara ao Faro; alí haberá música, diversión, oración, confesións e ao finalizar a xornada a Misa presidida polo bispo Don Alfonso Carrasco Rouco.

[Máis información]

Agradecemento de Cáritas diocesana de Lugo a institucións de iniciativa social

Recoñecemento-de-Cáritas-a-asociacións

O 27 de maio ás 12 h nos locais de Cáritas diocesana de Lugo (avda. Américas, 93-97) o director de Cáritas, Ginés Plaza Fernández, fixo entrega da figura conmemorativa con motivo do 50 aniversario de Caritas Diocesana de Lugo a varias entidades de iniciativa social que colaboran ou colaboraron en favor das persoas máis desfavorecidas da Diocese.

As entidades son as seguintes: Cruz Vermella; Ateibo; Fundación Juan Soñador; Auxilia; Aspnais; Cogami; Asociación Down; Secretariado Xitano; ASFEM; Aliad Utreia; Asociación Dignidade; Fundación Meniños; Asociación de Promoción e Integración Xitana; Centro para o Desenvolvemento Rural Ancares; Asociación de Viúvas Julia Minguillón.

[Ver vídeo]

A %d blogueros les gusta esto: