Os sacerdotes dos arciprestazgos
de Lugo e Cotos da Dereita disfrutaron dun día de convivencia nos Milagros de Maceda, San Pedro de Roca e Ourense.
José Manuel
Pregón da Caridade
A Secretaria Xeral de Xustiza e Paz, Isabel Cuenca Anaya, foi a encargada do Pregón da Caridade 2015. O acto tivo lugar no Círculo das Artes de Lugo o día 3 de maio e tamén estaban na mesa presidencial o señor Bispo, Mons. Alfonso Carrasco; o Delegado de Cáritas, Antón Negro e o director, Ginés Plaza, que ese mesmo día prorrogábase o seu cargo 4 anos máis.
Isabel Cuenca lembrou a parábola do bo samaritano, que hoxe estaría representado por quen é voluntario de Cáritas.
A continuación enumerou os antivalores que promove o actual sistema (competitividade malsá, pesimismo ante a posibilidade de cambiar a situación, consumismo de produtos de usar e tirar, consideración da propiedade privada case como algo sagrado [fronte ao común], busca do máximo beneficio aínda a costa da dignidade laboral). En cambio, os valores que necesita a sociedade son os promovidos pola recente instrución pastoral “Igrexa, servidora dos pobres”, que Isabel Cuenca calificou de “valente, útil e precisa”. Tamén recomendou a bula papal sobre o Ano da Misericordia.
Inauguración da exposición “O legado franciscano en Galicia”
O bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco, acudíu ó Santuario de O Cebreiro para inaugurar a exposición “O legado franciscano en Galicia”, que se poderá visitar ata o día 8 de diciembro. Trátase de la segunda parte do itinerario da mostra que xa se puido ver na capela de Santa María en Lugo e que terá unha terceira parte na cidade de Santiago de Compostela. Acudiron tamén á cita ás seguintes autoridades: o subdelegado do goberno en Lugo, Ramón Carballo, o presidente de Deputación de Lugo, José Ramón Besteiro, o P. Castiñeira, provincial dos Franciscanos e o alcalde de Pedrafita, José Luis Raposo. Os anfitrións foron os franciscanos do Cebreiro, unha comunidade formada por tres frades. Estiveron presentes , ademáis, veciños da zona e simpatizantes do camiño de Santiago.
Mons. Alfonso Carrasco, recalcou na súa interveción a importancia da presencia franciscana neste santuario, como herdeiros da laboura da primitiva comunidade benedictina que aquí estaba asentada. Atención aos peregrinos e evanxelización son as bases das súa presenza nestas terras da montaña de Lugo. Esta exposición axuda a coñecer e valorar a presenza franciscana en Lugo e no resto de Galicia mediante ás distintas seccións da mesma, das que iremos informando ao longos desdes días.