O venres 15 de setembro Adoración Nocturna de Lugo celebra a Asemblea Anual no salón de actos do Seminario. Previamente (19 h), na Capela do Seminario celébrase unha Eucaristía e a continuación será cando se presenten á Asemblea os informes de secretaría, tesourería e presidencia. Pechará o acto o Director Espiritual Diocesano e deseguido compártese un viño español.
O día da Asemblea (o vindeiro venres) é o último para apuntarse á Festa da Familia Adoradora, que se celebrará o domingo 24 de setembro.
O Consello Diocesano da Adoración Nocturna de Lugo, reinicia a tradicional Festa da Familia Adoradora, que chega á súa edición número 15. Esta vez será na Fonsagrada, onde funciona unha nova sección adoradora promovida polo actual párroco Miguel Ángel Álvarez Pérez. O programa é o seguinte:
10 h saída desde a praza de Bretaña
11:45 h recepción de adoradores na Plazuela da igrexa parroquial
12 h Santa Misa
14:30 h Comida de confraternidade
17 h Saída cara á igrexa de Santiago de A Fontaneira, onde se celebrará o acto mariano e regrésase a Lugo.
Os interesados en asistir reservarán praza chamando ao te. 636 693 208 (Ginel). Están invitados a participar adoradores de toda a Diocese (seccións de Lugo, Sarria, Chantada, Lalín, O Corpiño, Monforte).