A Asemblea-Convivencia da Hospitalidade Diocesana de Nosa Señora de Lourdes é na Casa Diocesana de Exercicios de Lugo o día 11 de 4,30 a 7,30 da tarde. Actos:
-
Oración inicial e saúdo.
-
Reflexión mariana, co título do lema do ano 2.014 : “Lourdes: a alegría da conversión”, a cargo de D. Jesús Cando Freire; ex director de Caritas Diocesana.
-
Breve información xeral do curso 2.012-13 e programación do curso 2.013-14.
-
Presentación da economía do curso pasado e proxecto para o actual.
-
Suxestións dos asembleístas.Vivencias ou resonancias persoais dos participantes.
Tras un descanso, ás 6,30h será a Eucaristía concelebrada e presidida polo Sr. Bispo.