Con motivo da celebración o 175 aniversario do seu nacemento e o 140 da súa morte, as súas reliquias percorren Europa.
A urna coas reliquias de Santa Bernadette, tamén coñecida como Santa Bernardita, que se conserva no Santuario de Lourdes, permanecerá en Lugo do 11 ao 13 de setembro. O relicario estará na igrexa de San Froilán (Lugo), templo onde ten lugar todos os anos a Novena que en honra á Virxe de Lourdes organiza a Hospitalidade Diocesana de Lourdes de Lugo, que é a organizadora tamén desta visita á Diocese lucense das reliquias.
A peregrinación das reliquias de Santa destínase, sobre todo, ás persoas que non poden desprazarse ao Santuario por diversos motivos.
O relicario, que foi bendicido fai un par de anos e foi destinado para desprazarse, é de estilo neogótico, inspirado na arquitectura do Santuario de Lourdes.
Programa
Mércores 11 de setembro 2019
12 h – Recepción das reliquias de Santa Bernadette na parroquia de San Froilán. Preside o Sr. Bispo
12:30 h – Santo Rosario (Misterios Gloriosos)
13 h – Exposición do Santísimo. Veneración das reliquias e oración persoal.
16:30 h – Proxección do audiovisual Sta. Bernadette e as aparicións.
17:30 h – Charla-testemuño sobre a santa e Lourdes
18 h – Tempo de veneración das reliquias e oración persoal.
19 h – Santo Rosario (Misterios Dolorosos)
19:30h – Eucaristía (Nosa Sra. de Lourdes)
20:30h – Procesión mariana de fachos ao redor da igrexa de S. Froilán.
Xoves 12 de setembro 2019
9:30 h – Laudes
10:30 h – Santo Rosario (Misterios Luminosos).
11 h – Vía Crucis dos enfermos.
12 h – Exposición do Santísimo e adoración.
13:30 h – Bendición e reserva.
16:30 h – Proxección do audiovisual Sta. Bernadette e as aparicións.
17:30 h – Charla-testemuño sobre Sta. Bernadette e Lourdes.
18 h -Tempo de veneración das reliquias e oración persoal.
19 h -Santo Rosario (Misterios Dolorosos)
19:30 h – Eucaristía (Nosa Sra. de Lourdes).
20:30 h – Procesión mariana de fachos ao redor da igrexa de S. Froilán.
Venres 13 de setembro 2019
9:30 h – Laudes.
10 h – Despedida das reliquias. Preside o Sr. Bispo. Traslado a Santiago.