Actuación de la Schola Gregoriana Lucense

[ BANDA DE GUNTÍN DURANTE EL CONCIERTO QUE PRECEDIÓ AL PREGÓN ]

 

El pregón del franciscano José Antonio Castiñeira abrió aficialmente las Semana Santa de Lugo 2011. Antes del pregón actuaron las Banda de guntín y la Schola Gregoriana Lucense. Ponemos a vuestra disposicónun fragmento de la actuación de ésta última.

[DESCARGAR / ESCUCHAR INTERPRETACIÓN DE LA SCHOLA GREGORIANA LUCENSE]

RESUMO DO PREGÓN DA SEMANA SANTA:

A primeira parte do pregón adicouse a lembrar varios momentos da vida de San Francisco de Asís:

  • A súa contribución a reconstruír unha Igrexa que pasaba por un período difícil.
  • O descubrimento da paternidade de Deus e de que Deus é único. Cando San Francisco de Asís queda nu en público é porque considera que Deus é o único que vale a pena.
  • Descubrimento do sentido de fraternidade: todo o creado é o noso irmán.
  • Mesmo o que lle causaba repugnancia (e naquel tempo eran as persoas enfermas de lepra) deixa de causarllo, porque chega a supoñer para San Francisco de Asís un medio para encontrarse coa realidade profunda dun Cristo que está a carón das persoas que sofren.

Estas experiencias vividas por San Francisco (sentirse Igrexa, experimentar a Deus Pai e a Xesús encarnado) lévano ao que é a base do cristianismo: a resurrección.

O pregoeiro referiuse logo á Semana Santa como o período que concentra máis intensamente a vivencia dun Xesús encarnado, dun Xesús que desexa a nosa liberdade. As palabras liberadoras de Xesús case sempre van dirixidas aos marxinados; en cambio, as expresións máis duras son para os poderosos. De feito, Xesús é acollido polos humildes. En Semana Santa tamén contemplamos ao Xesús Señor, pero un Señor que vén a servir, non como un xesto cara á galería senón como algo que debe estar na esencia do cristianismo: servir na xustiza para unha dignidade nova.

Referiuse tamén o pregoeiro a outros momentos da Paixón: no horto de Xetsemaní, cando Xesús antepón a vontade do Pai ó seu propio desexo; na cruz, cando Xesús solidarízase cos crucificados da historia. “Este final de Cristo foi o seu verdadeiro comezo” (Ernst Bloch). A partir de entón a humanidade enténdese dunha maneira distinta. Na morte de Cristo nace o verdadeiro inicio de todas as cousas, da nova creación. É o novo comezo no medio do final da morte. É un auténtico cambio de todo: o final é o comezo.

Somos Igrexa neste mundo que nos toca vivir, un mundo con aspectos positivos pero tamén con graves crises nas súas estruturas (millóns de persoas carecen do máis fundamental para vivir con dignidade). José A. Castiñeira pediu que neste mundo os cristiáns desenvolvan o ser profético do Señor, opoñéndonos a todo o que atente á dignidade humana. Aínda que a fe está no núcleo profundo da experiencia persoal, tamén debe ir máis alá e estar na rúa. A nosa fe, partindo da mirada ao crucificado, debe procurar un mundo máis xusto.

Lembrando o pregoeiro a súa adicación á mocidade mentres estivo en Lugo, considerou importante que os xoves descubran a Xesús na súa dimensión humana e desde a fe. O cristianismo potencia a liberdade positiva da xente nova.

Advertiu José A. Castiñeira que a Semana Santa non debe ser un simple espectáculo, un fenómeno turístico. O cristianismo é acollida, solidariedade.

Finalmente, citouse unha frase da Virxe por considerar que resume o que debe ser a vivencia da fe: “Facede o que El vos diga”.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: