O xoves 21 actuou no Círculo das Artes a Coral do Hospital de Lugo. A parte final do concerto consistiu nunha estrea, con interpretación de Indianas, seis canciones para cuarteto vocal o coro y piano de Carlos Guastavino (1912 – 2000).
Unha alumna do compositor arxentino, que mantén contacto coa coral desde que esta actuara no país americano hai 6 anos, enviou a Lugo os temas musicais interpretados na parte final do concerto. Foron pezas que constituíron todo un reto para a coral lucense, que saíu adiante coa colaboración do pianista Aurelio Chao.
No concerto actuaron como solistas: Celia Vizcaíno como soprano, Concepción Corral como mezzosoprano; Luis Del Arbol. tenor e Carlos Roda como recitador. A dirección correu a cargo de Fernando G. Jácome.