A pasada fin de semana as Adoradoras Presenciais ao Santísimo Sacramento tiveron un acto no que se concederon medallas a varios membros da Asociación por levar un ano de compromiso. Tras unha Eucaristía na igrexa Santiago A Nova foi o acto de consagración e a entrega de medallas. Asistiron varias persoas responsables da Asociación a nivel nacional: Eugenia Kirkpatrick e o P. Ernesto Postigo SJ.
“Aínda que coincide con outras asociacións eucarísticas que adoran ao Santísimo, é distinta a súa identidade: adoramos ao Señor cada mes unha noite enteira pedindo pola intención de oración do Papa para ese mes. Porque Adoradoras Presenciais forma parte da Rede Mundial de Oración do Papa. Ademais da espiritualidade propia das asociacións eucarísticas, hai outros matices: ten tamén unha devoción forte ao Sagrado Corazón de Xesús, á Virxe e un amor grande á Igrexa e ao Santo Padre”.
P. Ernesto Postigo SJ, membro do Consello Nacional da Rede Mundial de Oración do Papa (Apostolado da Oración).