O mércores 29 de xullo en Mondoñedo ten lugar un acto oficial conmemorativo da declaración pola Unesco dos Camiños do Norte como Patrimonio da Humanidade.
Ás 12:15 h na Praza da Catedral estarán o Administrador diocesano de Mondoñedo-FerrolAntonio Rodríguez Basanta, o bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco, o presidente da Xunta, Alberto Núñez, a presidenta da Deputación, Elena Candia, entre outras personalidades.