San Francisco de Asís
Parte das VII Leccións Xacobeas Internacionais na Universidade de Santiago desenvólvense esta ano baixo o título “A tradición da peregrinación de San Francisco a Santiago de Compostela. No Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) ás 9,30h do día 18 a profesora de historia da arte Dolores Fraga Sampedro disertará sobre tradicións e imaxes relacionadas coa peregrinación xacobea do Santo de Asís. E ás 11h Francisco Singul encárgase do relatorio titulado “Peregrino e novo apóstolo. San Francisco no Camiño de Santiago”.
“Camiño de Santiago+25 aniversario JMJ 1989”
Do 28 de xullo ao 7 de agosto, as delegacións de Xuventude das dioceses galegas, organizan esta actividade para rapaces e rapazas a partir de 14 anos. Farán o Camiño Inglés desde Ferrol. Os días cinco e seis de agosto participarán nos actos de XXV aniversario da JMJ 1989.
“Acollida de peregrinos”
Portomarín acolle esta actividade organizada tamén polas delegacións de Pastoral Xuvenil de Galicia, do 17 ao 24 de agosto. Poden participar xoves a partir de catorce anos.