Campamento Adolescentes: Do 1 ao 5 de xullo en Laxe (A Coruña) Dirixido a mozos e mozas de 14 a 17 anos. Centro de Interese: “Escola de Verán 2016”
Campamento Urbano XXII – Do 11 ao 22 de xullo en Lugo no Colexio María Auxiliadora Dirixido a nenos de 8 a 13 anos. Centro de Interese: “A volta ao mundo en 12 días”
Estas actividades teñen un carácter innovador, educativo e de relación estreita coas familias. Varios monitores implícanse desinteresadamente na elaboración da programación, trasladando material, encargándose da montaxe de escenarios e vídeos, realizando actividades… Cáritas tamén agradece á Directora e Comunidade do Colexio María Auxiliadora que cedan as instalacións para a realización do Campamento.
1 comentario en “Actividades de verán do Servizo de Atención á Infancia e Xuventude de Cáritas”