Con motivo do Nadal dende o Servizo de atención á infancia e xuventude ofértanse unhas Actividades de Nadal para nenos e nenas de idades comprendidas entre os 8 e 12 anos. A idea é ofrecer unha alternativa diferente para o tempo libre. Preténdese fomentar valores positivos, de xeito educativo e lúdico.
Este ano a actividade terá como centro base o Colexio Divino Mestre.
As actividades consistirán en xogos, obradoiros, cancións, saídas, teatro, festa. Serán os días 27 e 28 de decembro en horario de 10 a 13:30 e 16 a 19:30 h.
Cos adolescentes que participaron nas actividades creadas polo Servizo de atención á infancia e xuventude ofértase un Obradoiro de DJ que terá lugar o día 29 de decembro no Centro de Servizos de Cáritas na Avenida das Américas.