O xoves 11 de febreiro, festividade da Nosa Señora de Lourdes, terá lugar un ano máis a tradicional Asemblea – Convivencia que se celebrará na Casa Diocesana de Exercicios de Lugo.
Os actos iniciaranse ás catro da tarde coa acollida dos socios da Hospitalidade da Nosa Señora de Lourdes da Diocese de Lugo e a continuación:
-
Oración inicial e saúdo.
-
Reflexión mariana sobre o lema deste ano en Lourdes: “Misericordiosos como o Pai”, a cargo de D. Jesús Tortajada Pérez, Irmán dos Misioneiros Combonianos, membro da Comunidade Pastoral de Palas de Rei e peregrino a Lourdes (no ano 2015 deu na Asemblea un gran testemuño e o mesmo na festa-convivencia en Lourdes).
-
Información xeral do curso 2.014 – 2.015.
-
Breve exposición da programación do curso 2.015 – 2.016.
-
Presentación das contas e xestión económica do curso pasado e proxecto económico para o curso actual.
-
Suxestións dos asambleístas, para as próximas peregrinacións e boa marcha da Hospitalidade.
-
Vivencias ou resonancias persoais dos participantes.
Tras un descanso, sobre as seis e media da tarde, terá lugar unha Eucaristía concelebrada e presidida polo Sr. Bispo de Lugo.
Espérase unha participación de medio milleiro de persoas. Neste día ábrese o periodo de inscrición para a Peregrinación a Lourdes.
NOVENA. A Hospitalidade de Lourdes colabora na Novena que en honra da Virxe de Lourdes está celebrándose na igrexa de San Froilán (Lugo) ás 19:30h e que está sendo predicada cada día por un sacerdote peregrino a Lourdes.