O 5 de xullo, primeiro aniversario da Declaración dos Camiños Primitivo e Norte como Patrimonio da Humanidade, o Bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco, recibiu na catedral ao Presidente da Xunta, Alberto Núñez, e ás autoridades civís con motivo da entrega da placa conmemorativa que recoñece á basílica lucense como ben integrante da lista de Patrimonio da Humanidade pola súa vinculación ao Camiño Primitivo.
Tralo descubrimento da placa nunha das naves laterais, os asistentes trasladáronse ao claustro da catedral onde o Bispo de Lugo, agradeceu a todos o seu traballo para facer posible este recoñecemento da UNESCO que supón unha honra para cantos viven ao longo do Camiño de Santiago, lugar singular e punto de encontro e experiencia de diálogo para peregrinos e lugareños. Na súa intervención de benvida o bispo de Lugo sinalou a importancia da axuda e a colaboración mutua entre todos para seguir mantendo o Camiño como unha auténtica realidade viva.