Última semana para visitar a exposición Volumen in folio na sala de exposicións do Seminario Diocesanocon obras do fondo da Biblioteca, que van desde o século XVI ao XX. O horario é de 11:30 a 13:30 e de 17 a 19h (de luns a venres) Son 22 volumes grandes, chamados in folio, dos que algúns alcanzan os 32 centímetros e bastantes pasan das 1000 páxinas. Hai obras de Aristóteles, importantes porque no lombo teñen o título. Hai 2 obras de San Agostiño e de San Xerónimo dunha colección do século XVIII en París e que foron traídos a Lugo polo Bispo Armañá.
Outra parte da exposición adícase á Biblia: hai un Diccionario de la lengua santa de más de 2000 páxinas e a Biblia Hebraica con tradución interlineal en latín.
Outras obras: publicación de San Basilio Magno no século XVIII, dicionario de antigüidades dos Maurinos en 18 volumes adicados aos temas máis diversos: numismática, mitoloxía, obras de autores. Outra colección, neste caso de Dereito, é a do Digestum vetus, cun exemplar no que o propio autor engadiu notas nas marxes.
De interese polas ilustracións tamén son unha Cristíada do século XIX e un exemplar da Divina Comedia ilustrada por Gustavo Doré.