Esta semana cúmprense oitenta anos do nacemento da Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz, asociación clerical unida á Prelatura Opus Dei. Os clérigos das dioceses -sacerdotes ou bispos- que se adscriben a esta Sociedade Sacerdotal, fano como agregados ou supernumerarios segundo circunstancias persoais. Todos teñen unha mesma vocación, seguen incardinados na propia Igrexa particular e dependen só do seu bispo. A Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz ten como fin fomentar a santidade dos clérigos seculares no desempeño do seu ministerio e a entregarse por amor ao servizo das persoas, especialmente dos máis necesitados.