Concurso de fotografía convocado pola Obra Pontificia Infancia Misioneira

concursofotoIM2016

Con motivo da Xornada de Infancia Misioneira 2016, que leva o lema “Grazas”, a Obra Pontificia de Infancia Misioneira, convoca o concurso de fotografía “Di grazas cunha foto”.

Desde a Delegación de Misións de Lugo proponse dar as grazas cunha foto aos nenos de Benín, país no que algunha das súas parroquias está irmanada coa de San Francisco Xavier de Lugo. O sacerdote de Benin, Bertin Tantcheita, fálanos dos nenos de Infancia Misioneira da súa parroquia: “son un grupo de nenos que queren tomar parte na obra da evanxelización da Igrexa. Teñen tempo de oracións , tempo de encontros con nenos da súa idade para compartir cada un a súa crenza, fan xogos, fan colectas para mandar a Roma ás Obras Misionais Pontificias, e tamén axudan na escola aos nenos que menos teñen, compartindo o que poidan” . Hai motivos para darlles as grazas.

Poden participar nenos de 6 a 12 anos, que compartan a través dunha fotografía dixital, o modo de expresar o agradecemento. Trátase de reflectir os instantes, convertidos en imaxes, nos que nos sentimos agradecidos por todo aquilo que nos rodea, temos ou vivimos, sobre todo polo traballo dos misioneiros e dos nenos da Infancia Misioneira.

[Bases]

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: