Trala súa canonización o pasado 16 de outubro, será o 4 de xaneiro cando se celebre por primeira vez San Manuel González, Bispo dos Sagrarios abandonados, fundador das Marías dos Sagrarios e Adorador Nocturno.
A Catedral de Lugo acolle o día 4 de xaneiro os seguintes actos en honra a San Manuel González:
-
19:15h Presentación e lectura da biografía do santo
-
19:30h Rezo do Santo Rosario
-
20h Celebración da Eucaristía
Organiza o Consello Diocesano da Adoración Nocturna, en colaboración con ARPU, Marías dos Sagrarios, Apostolado da Oración, Confraría Sacramental e Catedral de Lugo.