Aínda que a vivenda é un dereito humano necesario para preservar a dignidade das persoas, bastantes persoas están a vivir unha emerxencia habitacional por aumentar as dificultades para pagar a vivenda ou as subministracións, e iso pode abocar a moitas familias a ter que abandonar a mesma ou a situacións de desafiuzamento. É a mensaxe que comunica este ano Cáritas na campaña de persoas sen fogar, que ten como día central o domingo 25 de outubro.
As persoas máis vulnerables, as que viven á intemperie e nas fronteiras dos espazos de protección social, as persoas que viven na rúa, sen casa nin fogar, todas elas forman tamén parte do tecido social a reconstruír. É unha oportunidade para tomar conciencia e cambiar a percepción que temos como sociedade das persoas que viven situacións de maior vulnerabilidade.