Mans Unidas Lugo coa acción “Acende a chama. 24 horas que moven o mundo”, quere fomentar a solidariedade polo desenvolvemento auténtico de cada ser humano e, especialmente, dos máis pobres.
Por isto, a Delegación lucense de Mans Unidas invita a participar a toda a cidadanía na Concentración Solidaria, do vindeiro xoves 30 de outubro de 2014, ás sete da tarde, na Praza Maior de Lugo. Acenderánse velas, previamente entregadas aos presentes, do mesmo xeito que en lugares diversos do resto de España, como parroquias, prazas, centros culturais, colexios… Trátase de identificar a luz como un impulso para o compromiso solidario polo desenvolvemento, a xustiza e a igualdade; e invítase a acender unha vea porque entre todos, pódese alumar un mundo máis xusto, equitativo e solidario, xa que a luz ilumina e simboliza a nosa participación nese proxecto común.
Desde as cinco e media da tarde instalarase unha mesa con información no mesmo lugar.