«24 horas para o Señor» é unha iniciativa coresmal de oración e reconciliación instituida por vontade do Papa Francisco e que se celebra do venres 8 ao sábado 9 de marzo. O lema desta undécima edición é «Camiñemos nunha vida nova» (Rm 6,4). Para facilitar que as comunidades cristiás preparen esta celebración, o Pontificio Consello para a Promoción da Nova Evanxelización presenta un subsidio cos seguintes contidos:
Parte I. A confesión
- O perdón recibido, posibilidade de camiñar nunha vida nova
- O rito do Sacramento da Reconciliación
- Testemuño de conversión, Kevin Matthews
- Testemuño de perdón, Gemma Capra Calabresi
Parte II. Vixilia
- Premisas xerais
- Desenvolvemento da vixilia
- Lectio Divina sobre Rm 6, 1-14
- Catequese do Papa Francisco sobre o Perdón