Terceiro concerto do Festival de órgano do Corpus Christi

O luns 12 de xuño na Catedral de Santa María ten lugar o terceiro concerto do Festival internacional de órgano do Corpus Christi. Baixo o título The trumpet shall sound o organista Norbert Itrich e o trompetista Benjamín Blanes Jover interpretarán obras de Albinoni, Jan Pieterszoon Sweelinck, Gottfried Heinrich Stölzel, Léon Boëllmann e Bach – Vivaldi (Concerto en Re maior, BWV 972).

[Ver programa e información sobre os intérpretes]

Celebración do Corpus Christi na cidade de Lugo

O domingo 11 de xuño ás 11 h na Praza de Santa María (no caso de mal tempo será na Catedral) celébrase a Eucaristía de Corpus presidida polo Bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco. Acompañarán a celebración o Orfeón Lucense, a Banda Filharmónica de Lugo e o Coro do Hospital. Interpretarase a obra do sacerdote e músico José Castiñeira, Misa Solemne a 5-6 voces, con arranxos de Uxío Domínguez. A continuación haberá unha procesión polas rúas da cidade. Actuarán antes, durante e ao finalizar a procesión o grupo “Os Xílgaros de Lugo”, dirixido por Óscar Pérez.

Convídase aos fieis de Lugo a participar nos devanditos actos, a realizar unha ofrenda floral ao Santísimo pola parte exterior da Catedral e a entrar na Basílica para loar ao Santísimo. Os fieis que participen na Eucaristía poden depositar flores antes das 11 h nas escaleiras da praza de Santa María diante do altar.

Segundo concerto do Festival de órgano do Corpus Christi

O sábado 10 xuño ás 21 h na igrexa de Santiago A Nova (Lugo) ten lugar o segundo concerto do Festival Organístico do Corpus Christi baixo o título “Homenaxe a Max Reger”. Cúmprense 150 anos do nacemento deste músico caracterizado pola unión entre progreso (vangardas vienesas) e tradición.

Os intérpretes son Ivan Vukcevic (violista australiano) e Giulio Mercati (organista italiano)

Programa

Johannes Brahms (1833-1897): Preludio e Fuga en La menor, WoO 9

Para órgano

 

Max Reger (1873-1916)

Ich sehe dich in tausend Bildern, op. 105 n.º 1

Meine Seele ist still zu Gott, op. 105 n.º 2

Para viola e órgano

 

Max Reger (1873-1916)

Tocata e Fuga en Sol menor

Da Suite n.º 2, op. 92

Para órgano

 

Benjamin Britten (1913-1976)

Lachrimae, op. 48

Versión para viola e órgano de Giulio Mercati

 

Max Reger (1873-1916)

Introdución e Pasacalle en Re menor, WoO IV/6

Para órgano

 

Lee Bradshaw: Obra de estrea, escrita para a ocasión polo compositor australiano Bradshaw e dedicada ao solista Ivan Vukcevic. Para viola e órgano

 

Sigfrid Karg-Elert (1877-1933)

Schmücke dich, o liebe Seele; op. 65 n.º 51

Nun danket alle Gott (Marcha triunfal), op. 65 n.º 59

Para órgano

Encontro en Lugo da Unión Eucarística Reparadora de Galicia

O sábado 10 de xuño 85 persoas procedentes de Vigo, Ferrol, A Coruña, Santiago, Pontevedra e Lugo terán un encontro baixo o título “A Eucaristía, un corazón que latexa”. Son integrantes da Unión Eucarística Reparadora (UNER), fundada por San Manuel González. O asesor relixioso da UNER de Madrid, Miguel Angel Arribas, dirixirá o encontro, que pola mañá terá lugar no Seminario, onde se tratarán, entre outros, os seguintes temas: Eucaristía é vida, fe, caridade, servizo, paz, luz. E pola tarde celébrase a Eucaristía e haberá momento de adoración na Catedral

Todos estes actos, que comezan as 10:30 h e conclúen ás 18 h, están organizados por UNER  Sagrarios Calvarios Lugo.

Comeza o Festival Organístico Corpus Christi

Gabriele Giacomelli (esqda.) e Enrico Viccardi (dta.)

O mércores 7 de xuño comeza a IX edición do Festival Organístico do Corpus Christi, que organizan Lucense Eucharisticum Centrum – Diocese de Lugo. Os concertos comezan ás 21 h e o primeiro (“Diálogo de dous órganos”) é o mércores 6 xuño na Catedral de Santa María. Os intérpretes son os organiistas italianos Enrico Viccardi e Gabriele Giacomelli

Programa:

1 Aurelio Bonelli (sec. XVI-XVII)

Toccata Athalanta (a dous órganos)

 

2 Domenico Zipoli (1688-1726)

Folias (Archivo musical de Chiquitos, Bolivia)

Gabriele Giacomelli

 

3 Alessandro Scarlatti (1660-1725)

Partite sopra l’aria della Folia

Enrico Viccardi

 

4 Giovanni Bernardo Zucchinetti (1730-1801)

Concerto in si bemolle maggiore (a dous órganos)

Spiritoso, Allegro

 

5 Domenico Scarlatti (1685-1757)

Sonata in fa minore K466

Sonata in do maggiore K515

Gabriele Giacomelli

 

6 Domenico Zipoli (1688-1726)

Elevazione in do maggiore

Enrico Viccardi

 

7 Padre Antoni Soler (1729-1783)

Concerto in la minore (a dous órganos)

Andante, Allegro, Tempo de Minué

A %d blogueros les gusta esto: