Miguel Ángel Álvarez fíxolle unha entrevista a Alejandro Asorey sobre a Semana Santa en Taboada para o programa de Cope Lugo “El Espejo de la Iglesia” (31 / 03 / 2023) e transcríbese aquí:
– Esta semana estiveches en Sevilla
– Si, fomos tres persoas a buscar unha imaxe de Xesús Nazareno. En Taboada fai algo máis dun mes, un grupo de persoas creamos a Confraría do Santo Encontro e decidimos comprar unha imaxe. Atopamos un escultor en Sevilla, encargámoslle a imaxe e fomos a buscala.
– Foi doado o proceso de encargala nun mes?
– O escultor díxonos que era pouco tempo, pero pedímoslle por favor que desexabamos saír en procesión xa este ano. O día que recolliamos a imaxe en Sevilla pensabamos saír dalí pola mañá pero tivemos que saír pola tarde, para que estivese definitivamente rematada a escultura.
– Como xorde a idea de fundar unha confraría?
– A min sempre me encantaron as procesións de Semana Santa. Son unha forma de atraer á xente a Deus e á Igrexa. Nun grupo de persoas da parroquia deixei caer a idea da confraría e pareceulles estupenda, animámonos e temos moita ilusión en procesionar esta Semana Santa.
– Como se afrontan os gastos da imaxe e da confraría para empezar a funcionar todo?
– Para comezar algo como isto, os gastos son moitos. Para poder encargar a Os membros da directiva puxemos a metade do custo da imaxe, como un préstamo á confraría. Despois, coas cotas de 20 € dos confrades, que estamos chegando aos douscentos membros. Tamén houbo axudas de particulares e do Concello.
– Como vai ser a primeira procesión?
– Sairemos na noite do Venres Santo coa imaxe de Xesús Nazareno. Como non tiñamos imaxe da Virxe Dolorosa, a parroquia de San Martiño prestounos a imaxe da súa patroa para procesionar. Porque a confraría non é só da parroquia de Taboada, senón que todo o concello formase parte.