Último concerto do Festival internacional de órgano do Corpus Christi

O mércores 15 de xuño ás 21 h na Catedral de Lugo conclúe o VIII Festival internacional de órgano do Corpus Christi, coa actuación da organista Vibeke Astner e o coro Solo Voces, dirixido por Fernando Gómez Jácome. Algunhas pezas que interpretarán proceden do Arquivo Catedralicio

Programa:

Heinrich Scheidemann (c. 1595-1663) Es ist gewisslich an der Zeit Para órgano

Juan Antonio Moreno Fuentes (1904 – 1987) Ave Regina e Estrella del mar (obras do arquivo da Catedral de Lugo) Para coro e órgano

Jan Pieterszoon Sweelinck (1562-1621) Malle sijmen Para órgano

Anonymous Daphne, 3 versus Para órgano

Edvard Grieg (1843 – 1907) Ave maris stella Para coro a capela

Francisco de Peraza (1564-1598) Tento de rexistro alto de 1º ton Para órgano

Anton Bruckner (1824 – 1896) Locus iste Para coro a capela

Sebastián Aguilera de Heredia (ca. 1565-1627) Tento de rexistro baixo Para órgano

Jouzas Naujalis (1869 – 1934) In monte oliveti Para coro a capela

Hans Mattheson-Hansen (1807-1890) Fantasía n.º 5 «Hvor salig er den lille flok» Para órgano

Georg Leitung (n. 1967) Christus natus est pro nobis Para coro a capela

Cesar Franck (1822-1890) Andantino Para órgano

Bob Chilcot (n. 1955) Were you there? Para coro a capela

Juan Montes Capón (1840 – 1899) Genitori (obra do arquivo da Catedral de Lugo) Para coro a capela

Dietrich Buxtehude (1637-1707) Fuga, BuxWV 174 Para órgano

César Frank (1822 – 1890) Tantum ergo Para coro e órgano

Panis angelicus Para coro e órgano

Intervencións no Congreso “O Mundo das Catedrais”

O 15 de xuño a Diocese de Lugo estará representada no Congreso Internacional VIII Centenario da Catedral de Burgos: O Mundo das Catedrais.

Ese día intervirá o director do Museo Diocesano Catedralicio de Lugo, Marcos Calles, coa comunicación “A evolución dos órganos da Catedral de Lugo durante a Idade Moderna”. E pola súa parte, o delegado Episcopal de Liturxia da diocese, José Antonio Ferreiro Varela, e o director do Departamento de Patrimonio Histórico-Artístico, Jesús Salvador López, presentarán unha investigación que leva por título: “Iconografía de San Froilán. A devoción polo Patrón na Catedral de Santa María de Lugo”.

Apertura da igrexa do Salvador de Vilar de Donas para a súa visita

A partir do día 15 de xuño abrirase para a súa visita a igrexa do Salvador de Vilar de Donas. Este templo románico é ben de interese cultural de Galicia, monumento nacional desde 1931. Abrirá para a súa visita co seguinte horario: mércores e xoves de 16:00 a 20:00h; venres, sábado e domingo de 10:00 a 13:00h. e de 16:00 a 20:00 horas. Esta apertura será posible grazas á iniciativa da Diocese e ao traballo e entrega dos misioneiros combonianos responsables da pastoral na zona de Palas de Rei, onde permanecen abertas diariamente as igrexas de:

– – Santiago de Lestedo, de 11:30 a 14:00h. e de 15:30 a 17:30h. de luns a domingo;

– – San Xulián do Camiño de 9:00 a 13:30h. de luns a domingo

– – San Tirso de Palas de Rei de 7:30 a 14:00h. e de 16:00 a 20:00h. todos os días da semana.

A estas igrexas súmase, como queda dito, a do Salvador de Vilar de Donas.

Comeza a recta final do Festival de órgano do Corpus Christi

O luns 13 de Xuño ás h na Catedral de Santa María continúa o Festival internacional de música de órgano do Corpus Christi, coa actuación da organista Misty Schaffert e do Orfeón Lucense, dirixido por Marcos Manuel Fernández Mosquera. Interpretarán o seguinte programa:

Nicolas De Grigny (1672-1703)  Veni Creator

En taille à 5, Fugue à 5, Duo, Récit de

Cromorne, Dialogue sur les grands Jeux

Para órgano

Pierre de la Rue (1452 -1518)  O salutaris Hostia

Para coro a capela

Johan August Söderman (1832-1876)  Virgo gloriosa

Para coro e órgano

Sara Pérez Cruz, solista

Jeanne Demessieux (1921-1968)  Domine Jesu

Para órgano

Theodore Dubois (1837-1924)  Adoramus te, Christe

Para coro e órgano

Johannes Brahms (1833-1897)  Geistliches Lied, Op. 30

Para coro e órgano

Jeanne Demessieux (1921-1968)  Ubi Caritas

Para órgano

Fra Marc´Antoni da San Germano (S. XVI)  Cristo al morir tendea

Para coro a capela

Ola Gjeilo (1975-)  Ubi caritas

Para coro a capela

Dirixe Silvia Nadela Villarino

Johann Sebastian Bach (1685-1750)  Preludio e fuga en re maior, BWV 532

Para órgano

Misty Schaffert, nacida en Seattle, ocupou o seu primeiro posto como organista aos 13 anos. Recibiu a súa Mestría en Chicago con dobre especialización en piano e órgano. Ela gañou o Concurso de Novos Artistas do Gremio Americano de Organistas, Capítulo de Chicago dúas veces. Misty sobresae como organista, pianista, acompañante, profesora de piano e actuou en Chicago, O Cairo, Inglaterra, Holanda, Xerusalén, Polonia, Suíza, Italia e Alemaña

O Orfeón Lucense, que ten como antecedente o fundado no século XIX polo ilustre compositor Xoán Montes, é un grupo coral creado en 1982 en Lugo polo sacerdote e compositor Xosé Castiñeira Pardo. No 2009, comezou unha decisiva etapa baixo a dirección de Xesús Mato Mato, prestixioso musicólogo e activista musical e social, que transmitiu ao Orfeón a alegría e vivacidade que o caracterizan, unindo á formación e fortalecendo a súa vocación de Coro oficial da Catedral lucense. Desde 2012 é o seu director Marcos Manuel Fernández Mosquera que emprendeu a tarefa de renovar con rigor a través da incorporación de novas voces e a ampliación do repertorio con novos estilos e formas musicais, pero sen desvirtuar nin perder de vista a propia identidade da agrupación.

VIII Festival internacional de música de órgano do Corpus Christi

Tras o concerto inaugural, o pasado martes, o venres 10 ás 21.00 h na igrexa de San Pedro (Lugo) continúan as actuacións do VIII Festival internacional de música de órgano do Corpus Christi. Actúan:

Felix Vogelsang, violonchelo

Ismaele Gatti, órgano positivo

Stefano Molardi, dirección

Concentus Lucensis:

-Lidia Basterretxea, Esperanza Iglesias e Maria Guffi, sopranos

-Carmen Prendes, Marina Malavasi e Margherita Scaramuzzino, contraltos

-Fernando Jácome e Paolo Alberti, tenores

-Antón Castro e Giulio Mercati, baixos

Concentus Lucensis Os seus compoñentes son os mestres e solistas principais do coro lucense Solo Voces, do Orfeón Lucense e do Gruppo Vocale S. Bernardo. Canta principalmente a partes reais, é dicir, cunha soa persoa para cada parte vocal.

Felix Vogelsang, Nado en 1975 en Paderborn (Alemaña). A súa carreira levouno por toda Europa, Chile, Sudáfrica e Estados Unidos. Fundou o Energie Nove String Quartet e gravou varios CD coas obras para cuarteto de Prokofiev, Smetana e Janaček.

Stefano Molardi. Nado en Cremona en 1970. é un intérprete activo e participou en importantes festivais de música en Italia, noutros países europeos e tamén nos Estados Unidos. Imparte clases maxistrais e conferencias sobre música barroca en Suíza, Hungría, Italia, Alemaña, España e Xapón.

Ismaele Gatti naceu en Como en 1998. Tocou o piano e o órgano en Italia e no estranxeiro, sexa como solista, sexa como membro de conxuntos ou de orquestras. Obtivo recoñecementos e resultou gañador en diversos premios en Europa. No 2015 realizou para a casa discografica Torculus Records de Milán o cd de músicas natalicias renacentistas españolas “Por engañar el diablo”

Interpretarán obras de Johann Ludwig Bach (1677-1731), Jan Pieterszoon Sweelinck (1562-1621), Francisco Guerrero (1528-1599) e Johann Sebastian Bach (1685-1750).

A %d blogueros les gusta esto: