Suspendida a peregrinación a Fátima prevista para setembro

A Hospitalidade Diocesana de Nosa Señora de Lourdes de Lugo informa que, debido á actual realidade sanitaria e aos informes recibidos do Santuario portugués de Fátima, vese obrigada a suspender a anual peregrinación diocesana a Fátima, na data en que estaba programada, do 3 ao 6 de setembro.

Así mesmo, a Xunta Directiva comunica que acordou enviar ao Santuario francés de Lourdes, a primeiros do mes de agosto, un primeiro donativo de todas as esmolas e ofrendas que os socios e peregrinos entregaron para este santuario até o momento. No vindeiro mes de decembro farase outro envío do recibido ata entón.

Concerto na honra da Virxe dos Ollos Grandes

 O martes 10 de agosto ás 20:30 h a Catedral acolle un concerto na honra da Virxe dos Ollos Grandes. O grupo musical Concentus Lucensis comezará interpretando 5 temas, seguirá unha meditación de Mons. Alfonso Carrasco e intervirá novamente Concentus Lucensis con outras 5 pezas musicais. Entrada libre ata completar cabida.

Programa:

Girolamo Cavazzoni (1506?-1577?)

Magnificat quarti toni

Para órgano y coro alternativamente

Guillaume Dufay (c.1397-1474)

Ave, Regina caelorum

A 3 voces

Francisco Guerrero (1528-1599)

Ave, virgo sanctissima

A 5 voces

Louis Claude Daquin (1694-1772)

Pour l’amour de Marie

Para órgano

Thomas Tallis (1505-1585)

If ye love me

A 4 voces

Meditación – Mons. Alfonso Carrasco Rouco – Obispo de Lugo

Francisco Guerrero (1528-1599)

Virgen santa

A 5 voces

Marco Enrico Bossi (1861-1925)

Ave Maria, op. 104 n. 2

Para órgano

Giovanni Pierluigi da Palestrina (1525-1594)

Alma Redemptoris Mater

A 4 voces

Tomas Luis de Victoria (1548-1611)

Gaude, Maria virgo

A 5 voces

Johann Sebastian Bach (1685-1750)

Preludio e fuga in la minore, BWV 543

Para órgano

Concentus Lucensis é un grupo vocal nacido dos encontros artísticos das edicións anteriores do Festival organistico e do Curso de música litúrxica do Corpus Christi de Lugo. Os seus compoñentes son os mestres e os solistas principais do coro lucense Solo Voces, do Orfeón Lucense e do Grupo vocal S. Bernardo. Esperanza Iglesias, soprano; Lidia Basterretxea Vila, soprano/alto; Fernando G. Jácome, alto/tenor; Giulio Mercati, tenor/baixo/órgano; Marcos F. Mosquera, baixo.

Concentus Lucensis canta principalmente cunha soa persoa para cada parte, afrontando un amplo repertorio, cunha particular predilección pola polifonía renacentista.

De regreso por outro camiño

A historia sagrada é unha constante peregrinación en dobre dirección. peregrinación de Deus cara ao home, e peregrinación dos homes cara a Deus.

A procura de Deus é un armazón de sancións e de bendicións. Deus sae ao encontro do pobo para liberalo da escravitude faraónica. O Señor vai diante abrindo camiño cara á terra de promisión. A columna de nube e o facho de lume que preceden ao pobo, son garantía de que Israel vai por bo camiño e que Deus o librará da escravitude exipcia. E así sucedeu, pero os israelitas pouco sensibles á xenerosidade de Iahvé abandonaron o bo camiño, e veu a sanción por parte do Señor. Ao exilio seguiu o éxodo certamente, pero o camiño de retorno á patria non foi un verxel axardinado, senón un deserto árido, pleno de carencias.

Con todo, as carencias do deserto non son castigos punitivos para o pobo infiel, senón correctivos dos que se vale Iahvé para denunciar a perversión de Israel, á vez que o recordo de que a misericordia divina mantense viva, xa que Deus, posto a amar, ama para sempre. O deserto é camiño de liberación, pero para alcanzala hai que aceptar múltiples carencias e camiñar en esperanza.

O deserto é alternativa de expiación e de esperanza: alí haberá carencia de pan e abundancia de maná; sede asfixiante e auga como en Meribá. Precioso ensino cristián: o mundo non é Ceo, pero é camiño de Ceo. Para alcanzar a meta hai que pór interese: hai que achegar vontade e esforzo, e Deus achegará o demais. Con estes condicionantes, o acceso á meta está garantido.

Xa queda dito: peregrinar é camiñar facendo camiño. Faise camiño ao andar. Para facelo con acerto, requírese un referente: tomar exemplo dos magos de oriente; pedir información nas dúbidas e proseguir no emprendido até chegar á meta, onde espera o Señor. Alcanzado o desexado obxectivo, todo cambia para o peregrino: cambia a cotización de valores; cambia o proxecto de comportamento; cambia o futuro da súa vida, e reemprende o regreso á súa terra por outro camiño.

O novo camiño é distinto e as actitudes do peregrino son outras. Enriqueceuse con novos amigos, e o encontro coa súa familia é novo. O esposo que chega é o mesmo esposo de antes, pero cambiou as longas horas do bar por unha vida máis caseira. Agora xa non é o ditador de casa, que impuña caprichosamente os seus persoais puntos de vista a todos os demais, senón un pai responsable que vai diante marcando co seu exemplar comportamento o bo camiño que deben seguir os seus fillos; agora xa non é a persoa discordante, que coas súas caprichosas desavinzas rompían a harmoniosa convivencia da veciñanza. É o mesmo home de antes, pero con novas connotacións. O seu encontro co Señor converteuno noutro home.

Cando Moisés baixaba do monte despois de estar co Señor, os israelitas notábanllo porque cambiara a cor da súa pel. O peregrino que volve de regreso vén co mesmo nome e co mesmo aspecto da súa partida: non cambiou o colorido do seu rostro nin a súa partida de nacemento, pero agora é un home de ben.

Sucédelle o que, a aquela parella de noivos, cuxo comportamento estaba tiznado de inmoralidades, pero a moza tivo a oportunidade de asistir a unha quenda de Exercicios Espirituais, e alí atopouse co Señor, e ao regreso, o mozo convídolle ás antigas inmoralidades, ao que ela negouse rotundamente. E cando o mozo, para arrastrala ao mal, dille: «oe que eu son aquel», ela, moi acertadamente contéstalle: «si, ti serás aquel, pero eu xa non son aquela» O encontro co Señor, cambiáraa radicalmente.

Este é o froito das auténticas peregrinacións. Alguén dixo que todo peregrino ten algo de turista, e todo turista ten algo de peregrino. Pero isto non abonda. A peregrinación químicamente pura é a que nos leva ao encontro co Señor. Entón o peregrino regresa á súa casa por outro camiño e isto nótao todo o mundo.

Indalecio Gómez Varela

Cóengo da Catedral de Lugo

[Artículo en castellano]

Don Elías Valiña: o legado

“Don Elías era un grandísimo namorado do Camiño, cuxas rutas estudara polo miúdo, e de xeito especial a que transcorría pola súa parroquia. Mesmo elaborou algunha das primeiras guías modernas, con textos, fotos e unha boa cartografía para auxiliar aos peregrinos, aínda que apenas puido editar dúas destas guías antes do seu prematuro falecemento en 1989. Valiña estaba convencido de que había que poñer fin ao abandono que a ruta xacobea padecera nas décadas previas e que o Camiño recobraría toda a súa vixencia. Por iso, tras recrutar a un bo grupo de voluntarios, decidiu sinalizar a ruta. A cuestión do como se resolveu coa típica casualidade (Providencia, vaia) que, sumada ao descaro do sacerdote, fai que as cousas sexan doadas cando detrás está Deus. A historia é sinxela: uns obreiros andaban arranxando unha estrada e tiñan excedentes de pintura amarela. Ao acabar a reparación do firme, don Elías adquiriu as sobras e, con esa pintura, empezou a facer frechas amarelas para indicar a ruta. Así de simple e así de complexo: nacera a frecha amarela.

“Pero, ollo, que don Elías non pensou no Camiño como lugar turístico, senón, ante todo, e como demostraron os congresos xacobeos nos que participou -especialmente o de Jaca de setembro de 1987-, como unha ruta espiritual, fraterna e, por tanto, humana. Nas actas daquel evento, nas conclusións, dise textualmente: «O Congreso considera a hospitalidade no Camiño como o seu trazo máis diferenciador, polo que a atención a este aspecto, estímase, debe ser máxima e preferente».

“Pasaron xa moitas décadas desde que empezou a fraguar este rexurdir da peregrinaxe a Compostela, e o certo é que todo o que sementaron estas persoas, católicas practicamente todas elas, deu o seu froito. Non vivimos para nós, senón para deixar un legado aos demais, aos que tiñamos que chegar. O Camiño é un bo momento para pensar globalmente, para reflexionar acerca de que estamos a deixar aos que veñen detrás, se vivimos para nós mesmos ou para o Señor, a través dos outros, como nos indica o mesmo Xesús.

“O Camiño é a herdanza de persoas como santo Domingo, san Juan de Ortega e Elías Valiña. Nin máis, nin menos. Persoas que se deixaron guiar polas inspiracións do Espírito Santo”.

Javier Peño Iglesias: El Camino de Santiago. Un encuentro con Dios, Ediciones Palabra, páxs. 108-110

2021 Ano Internacional da Paz e a Confianza

Nacións Unidas declarou 2021 Ano Internacional da Paz e a Confianza; con iso pretende mobilizar esforzos para promover a paz e a confianza entre as nacións sobre a base, entre outras cousas, do diálogo político, o entendemento mutuo e a cooperación, a fin de lograr unha paz, unha solidariedade e unha harmonía sustentables. 

Unha vida autenticamente humana é posible grazas á confianza, a pensar que non van ser defraudadas as expectativas que teñamos sobre algo, especialmente sobre o que fagan as outras persoas.

Para que haxa confianza, ten que haber respecto, e así tamén temos unha das bases da paz.

A confianza mantense e aumenta se está acompañada de xestos amistosos, de tolerancia, de simpatía, de cordialidade e, sobre todo, se a confianza é correspondida con confianza.

Polo contrario, debilítase a confianza se hai silencios, reservas, dúbidas… e todo iso alimentaría o conflito.

Cando está a punto de perder a paz, é boa a confianza en organismos supranacionais, pois o ideal é que as partes en conflito confíen en que a institución pacificadora actuará con xustiza.

A %d blogueros les gusta esto: