Lugo, un “alto” no Camiño


Alto! É a voz autoritaria dos axentes da orde, que tratan de deter ao sospeitoso delincuente, en evitación de que poida quebrantar o bo vivir dos cidadáns. E alto», parémonos a descansar, di o peregrino que, canso do camiño, busca recuperar forzas para poder proseguir no seu peregrinar.

Coa mesma palabra, exprésanse dúas actitudes opostas. O alto! ao delincuente é en previsión de evitar un mal comportamento. O «alto» do peregrino canso é a previsión de recuperar enerxías para poder chegar á meta. Os condicionantes dos devanditos protagonistas tamén son distintos. O delincuente evita atoparse coas forzas da orde, para que non lle impidan levar a feliz termo as súas torcidas intencións. O peregrino auténtico busca resarcirse do seu cansazo para poder proseguir no seu bo propósito. En evitación de ser sorprendido, o maleante busca disfrazar a súa identidade alí onde se atopa, para poder sorprender ao inocente cidadán. O auténtico peregrino busca e ofrece colaboración. Busca ser acollido para poder descansar. Busca quen lle oriente, para non errar o camiño. Busca quen lle ofreza colaboración no seu peregrinar, etc.

Pois, todo isto atoparano na cidade de Lugo os que se dirixen a Compostela polo Camiño Primitivo. Os lucenses, como todos os galegos, somos acolledores; recibimos amablemente aos forasteiros; abrimos as nosas portas ao camiñante errante. Por todo isto, Lugo é un bo lugar para facer un «alto» no camiño. E o é, sobre todo, porque a nosa cidade é eminentemente eucarística. Na nosa Catedral está exposto día e noite, o Santísimo Sacramento, desde tempo inmemorial.

A Eucaristía é “Deus connosco”. El espéranos, acóllenos, fortalécenos: non pasemos de longo. Deteñámonos a visitalo na nosa Catedral. Alí atoparémolo sempre. A Eucaristía é «Pan baixado do Ceo» e mantense na terra, para acompañarnos no noso camiñar, para fortalecernos no noso pousado peregrinar, e esperta en nós inesperada sorpresa. Diríase que se está rememorando a escena dos discípulos de Emaús. O gozo farase pleno «ao partir o pan», e a sorpresa disiparase ao caer na conta de que o divino acompañante é Xesús Eucaristía.

A partir deste momento, o panorama do noso peregrinar será distinto. O Señor xa non nos espera en Compostela; saíunos ao camiño. É o noso compañeiro de viaxe. Ilumínanos coa luz da súa palabra. Fortalécenos coa graza da Eucaristía. Enriquécenos coa abundancia dos seus dons, e convértenos nun novo agasallo para a nosa familia e para os demais.

Parabéns! Polo noso medio o mal decrece na terra, e o ben abunda no noso mundo. Manteñámonos no camiño emprendido, até chegar á meta.

Indalecio Gómez Varela

Cóengo da Catedral de Lugo

[Artículo en castellano]

O 30 de agosto celébrase a dedicación da Catedral de Lugo


“Dedicación” significa “consagración” dun lugar ou dun obxecto (sobre todo o altar) a un uso sacro. Chámase igrexa “Catedral”, porque alberga nela a cátedra, a sede do bispo, e por iso é a “igrexa nai” de todas as igrexas e capelas da Diocese.

A festa de hoxe convídanos a ser conscientes do importante que é a unión á Igrexa local, algo que se manifesta na unión co propio Bispo e a súa sede. Unímonos tamén ás xeracións de cristiáns que rezaron e celebraron nesta mesma igrexa catedral.

Esta celebración lémbranos, ante todo, a alegría que debemos sentir por pertencer ao pobo de Deus, ao edificio vivente da comunidade cristiá, sobre o fundamento de Cristo, pero, tamén, sobre a estrutura que el mesmo quixo: os apóstolos e os seus sucesores.

Se cada un é “pedra viva” nesta construción, dedúcese o compromiso e a corresponsabilidade de todos, cada un coa misión que recibise na comunidade, na construción da Igrexa e no cumprimento da súa tarefa no medio do mundo.

Celebrar a dedicación da propia Catedral é celebrar a unidade eclesial en torno ao Bispo e pastor, con toda a Igrexa, e con Cristo e o seu Espírito.

Tempo da Creación

O Papa Francisco e o Vaticano volven facer un chamado a todos os católicos para que se unan ao Tempo da Creación ecuménico, que comezará o 1 de setembro, Xornada Mundial de Oración polo Coidado da Creación, e rematará o 4 de outubro, festa de San Francisco de Asís.

A familia católica mundial está convidada a unirse á familia ecuménica para celebrar o Tempo da Creación, a celebración anual de oración e acción pola nosa casa común. Un obxectivo é que os fieis se decaten de que unha existencia virtuosa implica vivir a vocación de ser protectores da obra de Deus. Non se trata de algo opcional nin un aspecto secundario da experiencia cristiá.

[Subsidio litúrxico]   [Outros recursos]

Peregrinación ao Santuario do Corpiño

O último domingo do mes de agosto, que este ano é o día 29, levaráse a cabo a VII Peregrinación ao Santuario da Benaventurada Virxe María do Corpiño Coroada.

Horarios:

  • 8 da mañá: Saída da igrexa parroquial de Lalín
  • 9 da mañá: Saída da igrexa parroquial de Silleda e da igrexa parroquial de Vila de Cruces.
  • 12 da mañá: Santa Misa Solemne
  • 6 da tarde: Santa Misa

A peregrinación é gratuíta e non é necesaria inscrición. É obrigatorio levar chaleco reflector.

Estreando nova vida

Estrear é usar algo por primeira vez. A estrea leva consigo certo encanto, algunha presunción e tamén algunha responsabilidade para evitar que a peza estreada non se deteriore.

De todo o que posuímos as persoas, a máis importante é a vida. A vida pode considerarse baixo distintos aspectos: vida social, vida familiar, vida laboral, e vida relixiosa.

Socialmente contempladas, as persoas non somos illas bañadas por distintas augas, senón seres humanos chamados a relacionarnos uns con outros. As relacións vívense a distintos niveis: nivel de respecto mutuo; nivel de convivencia veciñal; nivel de convivencia amical, e de colaboración…

Os niveis de relacións de convivencia rexuvenecen a vida das persoas, e a convivencia social enriquécese, cando os veciños teñen unha convivencia cordial.

A vida familiar intégrana os pais cos seus fillos, e estes cos seus irmáns. O amor conxugal, enriquecido con agarimo paterno e a fraternidade dos irmáns, fai do fogar unha familia na que abundan os detalles de delicadeza mutua, e estes comportamentos son os mellores ingredientes, para que a vida de familia sexa fonte de felicidade e de bo vivir.

A responsabilidade laboral de todos os que conviven baixo o mesmo teito, garante a abundancia de pan para os comensais que comparten a mesma mesa, e garante tamén a conciencia de que o home é un ser para os demais e de que a súa misión é facer felices aos que viven ao seu carón.

A dimensión relixiosa eleva ás persoas a unha nova categoría. Xa non son simplemente as motivacións terreas as que regulan os comportamentos dos homes: as nosas relacións están motivadas agora pola afiliación divina, que nos converte en irmáns, iguais en dignidade, chamados a cumprir a vontade de Deus, que desexa que procuremos o benestar dos demais.

A nosa misión é cumprir a vontade de Deus, que se encarna en nós para dar e para recibir. O amor é o primeiro valor que recibimos de Deus, o cal se fai o noso receptor en cada un dos nosos semellantes. Cada persoa é «un ti de Deus», que estende a súa man esperando a nosa ofrenda filial. Isto esixe a dádiva dun mesmo, porque «iso é amar: darse uno mesmo; dar alegría e felicidade».

A enfermidade que padece o noso mundo non é a falta de pans, é a falta de amor. O corazón é a zona máis deprimida da sociedade actual, dicía a M. Teresa de Calcuta. Fabricamos máquinas xigantescas de produción, pero fáltalles o aceite do amor fraterno. O corazón que palpita no noso peito é estéril: non consegue que a rega da fraternidade vitalice o noso mundo.

É urxente un transplante de corazón, para poder estrear unha sociedade plenamente feliz, como o espera o Señor. Este é o noso labor ao regresar das nosas peregrinacións: estrear unha vida nova e mellor.

Indalecio Gómez Varela

Cóengo da Catedral

[Artículo en castellano]

A %d blogueros les gusta esto: