O sábado 4 de xullo ás 12 h na Catedral de Lugo, os diáconos Alejandro Asorey e Carlos J. Sánchez Márquez serán ordenados presbíteros.
Alejandro Asorey Novoa
É natural da Parroquia de Santa María de Donramiro. Estudou primaria no Colexio Comarcal de Lalín. No ano 2007, aos 12 anos, entrou no Seminario Diocesano de Lugo. Alí cursou toda a Secundaria Obrigatoria e o Bacharelato. Notando a chamada do Señor, comezou hai 7 anos o Seminario Maior no que continuou o seu discernimento vocacional. Encargouse da libraría do Seminario. Realizou prácticas pastorais nas parroquias de San Lourenzo de Albeiros e San Miguel de Monterroso. Actualmente, como diácono, colabora na Unidade Pastoral de Chantada.
Carlos Jesús Sánchez Márquez
Nace o 9 de xaneiro de 1995 en Lugo. Pertence á Parroquia Santiago a Nova (Lugo). Realizou os estudos primarios no Colexio dos Maristas de Lugo. No ano 2007 empezou os seus estudos secundarios no Seminario Menor e cando rematou o Bacharelato, foi admitido no Seminario Maior de Lugo no ano 2013. Fixo práticas pastorais en San Lourenzo de Albeiros e Lalín. Na súa etapa actual como diácono está realizando estudos de Filosofía na Universidade San Dámaso e colaborando na parroquia Nuestra Señora de la Asunción de Aravaca.
A primeira Misa de Carlos Sánchez será o 5 de xullo ás 12 h na igrexa de Santiago A Nova (Lugo) e no caso de Alejandro Asorey será o día 11 na Parroquia de Lalín.
A ordenación, o 4 de xullo, pode seguirse por internet.