Na aula magna do Seminario o venres 29 de novembro presentouse o número 59 da revista Lvcensia. Miscelánea de cultura e investigación.
No acto, presidido polo sr. Bispo D. Alfonso Carrasco Rouco, falou Mª José López Caldeiro de Santa María de Penamaior (Becerreá). Este convento tivo o seu importante papel na Vía Künig -Camiño Francés por Lugo-, pois o seu templo ten elementos propios dunha igrexa de peregrinación (vieiras, axedrezado xaqués…). Tamén tiña unha reliquia do lignum crucis e contaba cos elementos necesarios nun lugar de paso de peregrinos: hospedería para aloxalos e enfermaría para sandar o seu corpo.