Actos de Cáritas Lugo con motivo do Día Europeo contra a Trata

Con motivo do Día Europeo contra a Trata, o 18 de outubro, Cáritas Lugo organiza os seguintes actos:

Durante a mañá (até as 13.30 h) colocación de paneis informativos na praza Maior de Lugo con explicaación sobre o que é e o que supón a trata de persoas, mostrando datos, testemuños de vítimas e as actividades que desenvolve o programa de Atención a Mulleres Vítimas de Violencia, Trata e Explotación Sexual de Cáritas de Lugo.

Pola tarde (19 h) proxectarase no Museo provincial, o vídeo elaborado por Cáritas de Lugo Di non á Trata, no que participaron entre outras autoridades o Bispo de Lugo, a subdelegada do Goberno, a secretaria Xeral de Igualdade ou a alcaldesa da cidade, así como deportistas (xogadores do Breogán e do Club Deportivo Lugo) e personalidades do mundo da cultura (como o director e guionista, Jorge Coira).

Cáritas Lugo forma parte da Rede Galega contra a Trata, que celebrou a oitava xornada sobre o tema o xoves 17 de outubro en Ferrol, con participación da coordinadora da Área de Muller da Cáritas lucense.

Cáritas Diocesana de Lugo leva máis de 10 anos prestando un “Servizo de atención integral para vítimas de trata con fins de explotación sexual”.

Proxecto para dotar dun motor eléctrico a un pozo en Kivingoni (Kenia)

As Irmás Terciarias Franciscanas do Rabaño de María (Lugo) patrocinan o proxecto “Se non hai auga non hai vida” para dotar dun motor eléctrico a un pozo de auga en Kivingoni Village (Kenia) e participan as parroquias das que se encarga o sacerdote Miguel Ángel Fernández Vilariño. Unha relixiosa da congregación, a irmá Jacinta, coñece ben o tema por ser natural de Kenia e explica así a situación:

Hai unhas décadas, coa axuda dun misioneiro, montouse un sistema para recoller auga da chuvia, pero acumulábase tanta xente para ir recoller que aínda erguéndose ás 2 da madrugada, ás veces volvíase a casa sen nada tras pasar unha noite enteira agardando a quenda.

“Desde España colaborouse hai uns poucos anos cun pozo e un motor que funciona cun xerador. Por un lado, a xente está bastante contenta con isto porque xa non hai que facer cola, pero non desapareceron todos os problemas, pois pode fallar o xerador e a reparación soe saír cara, ademais de que non sempre hai diñeiro para costear a gasolina do xerador. Cando pasa isto vai buscarse auga onde non é potable.

“Co novo motor eléctrico non só habería auga potable senón tamén máis auga para os cultivos”.

  

Curso Bíblico 2019 – 2020

O venres 18 de outubro comeza o curso sobre “Os evanxeos. Da predicación ao escrito” que organiza o Movemento Bíblico Diocesano. Non fai falta inscrición previa, simplemente presentarse o día indicado ás 19 h no Seminario. O curso durará até o mes de xuño e as sesións será quincenais, os venres. En casa sesión facilítase material para o estudo persoal.

Ultreia Diocesana de Cursos de Cristiandade

A próxima Ultreia Diocesana de Cursos de Cristiandade será o sábado 19 de outubro de 2019 na Casa Diocesana de Exercicios (R/ Ona de Echave 14 Lugo) e terá o seguinte programa:

10.45 Acollida

11.00 Oración

11.15 Conferencia Olga Lama “A Eucaristía na Igrexa”

12.00 Traballo en equipos

13.00 Eucaristía

14.30 Asemblea

Máis información: 982 227 705

Proxecto solidario “Sen auga non hai vida”

O xoves 17 de outubro ás 17 h, preséntase o proxecto solidario “Sen auga non hai vida”, na casa das Irmás Terciarias Franciscanas do Rabaño de María e Irmás Casa Fogar Madre Encarnación de Lugo (rúa Músico Falla, 16).

Solicitante: Miguel Ángel Fernández Vilariño, Sacerdote, Párroco de Conturiz e anexas, e membro do equipo de Pastoral Sanitaria do HULA

Obxectivo: adquisición dun motor eléctrico para un pozo en Kivingoni Village (Kenia) de xeito que as súas xentes poidan gozar de auga potable.

Beneficios que reportaría:

1.- Previr enfermidades intestinais contraídas por beber auga non potable

2.- Combater a desnutrición, xa que coa auga poderanse obter alimentos procedentes de rega das súas pequenas hortas.

3.- Evitar que os nenos falten á escola, xa que sobre eles recae a tarefa de traer a auga desde sitios que están a varios quilómetros, coa posibilidade de chegar á zona e non haber auga abondo.

4.- Abastecer de auga aos fogares deste pobo. Nos fogares é necesario para beber, cociñar, lavar as roupas e o aseo.

5.- Atrasar a desertización do pobo de Kivingoni, no que só chove unha vez cada catro anos.

Contía necesaria para levar a cabo o proxecto: 4.000 €

A %d blogueros les gusta esto: