Novena en honra da Virxe de Fátima

O vindeiro domingo día 5 de maio comeza na Parroquia de San Pedro (Lugo) a Novena en honra da Nosa Señora de Fátima. Os actos comezan ás 18:30 h (os domingos ás 17:30 h) co rezo do santo Rosario, exercicio da Novena e celebración da Eucaristía, presidida por José Antonio Adrio.

O día 13, festividade da Virxe de Fátima, ás 11 da mañá celébrase a Misa para os enfermos, na que se imporá a Santa Unción.

Organizan: Apostolado de Fátima, Lexión de María e Fillas de María.

Mercado solidario de Mans Unidas Lugo

A Delegación de Mans Unidas de Lugo, organiza de novo un mercado solidario desde o día 2 ao 30 de maio.

LUGAR: Praza de Anxo Fernández Gómez (detrás do Concello de Lugo)

HORARIO: De luns a venres de 11 a 13.30 h e de 17 a 20 h.

Sábados de 11 a 13.30 h.

O recadado destinarase ao financiamento de dous proxectos:

GUATEMALA

No Municipio de San Martin de Jilotepeque, facilítase o acceso á auga a través da instalación de 5 sistemas de auga potable que beneficiarán a cinco comunidades indíxenas.

INDIA

Construción dun novo edificio con capacidade para 40 nenos/as orfos, e un tanque para a recollida da auga de choiva en Wadali, un pobo do distrito de Amravati no Estado de Maharashtra.

A %d blogueros les gusta esto: