A verdade faravos libres

As noticias vólvense cada máis frenéticas e, aínda que dicimos moitas veces que nada nos sorprende e que estamos curados de espantos, non é así. Sempre se pode ir a máis e as previsións permanentemente vense superadas por cousas que nos asombran.

O que non comprendo é o pouco ou nada que se respectan as ideas dos demais nesta sociedade que se autodefine como “plural”. O que estamos a ver estes días despois dos resultados de Vox nas eleccións ao parlamento andaluz parece que contradi esa pluralidade da que tanto se fala agora. E hai máis casos rechamantes, sobre todo de contramanifestacións, tamén con ataques de violencia física incluídos e, xa non digamos, verbal.

Na miña liberdade, mentres non se me impida por imperativo legal, permítome desconfiar daqueles que só teñen como principal argumento para defender as súas ideas, os ataques físicos e verbais aos que non pensen como eles. Cando non podemos convencer aos demais co testemuño de nosa propia vida, dificilmente ímolo facer doutra forma.

Cando penso nestas cousas lembro as palabras de Xesucristo cando nos advirte de que “a verdade faravos libres” (Xn 8, 32) e que serviron para titular infinidade de artigos, tamén este.

Sabémolo ben. Cando mentimos volvémonos escravos da nosa propia mentira, que nos levará a mentir máis e máis para non ser descubertos.

Non é libre o que quere impor á forza as súas ideas, o seu proxecto de vida ou de sociedade. Non é libre o que nos quere facer comungar a todos co seu “pensamento único”.

A verdade deféndese soa. A verdade non necesita argumentos nin escusas baratas. A verdade leva á vista o seu selo de garantía.

Entendo que ninguén pon en dúbida o valor do verdadeiro. Gústanos tratar con persoas sinceras e que son de fiar. Con todo, a realidade é outra e os atentados á verdade son cada máis frecuentes, polo que a desconfianza empeza a apoderarse de nós.

Pode ser que, a estas alturas da historia da humanidade, necesitemos buscar a axuda do autor da verdade, de Xesucristo, o mesmo que nos dixo que “a verdade faravos libres”.

Cando se perde a referencia á “Verdade Absoluta” volvémonos fanáticos das nosas pequenas verdades. Iso no mellor dos casos. Porque, o máis habitual é que tentemos converter aos demais en presos das nosas mentiras.

A presenza de Xesucristo: “Eu son o camiño e a verdade e a vida” (Xn 14, 6) é máis necesaria que nunca. O pecado de Adán e Eva foi querer ser máis que Deus e ocupar o seu lugar. O pecado do mundo actual é exactamente o mesmo: elevar a unha categoría tal o noso propio criterio que non se permita que haxa nada nin ninguén máis por encima. Pero a historia xa demostrou demasiadas veces que as persoas podemos ser bos humanos, pero moi malos deuses.

 

Miguel Ángel Álvarez Pérez

Párroco da Fonsagrada

[Artigo en castelán]

Imaxe: cathopic

Charla sobre o Sínodo da xuventude

O sábado 12 de xaneiro de 2019 ás 17.30 horas terá lugar no salón de actos do Colexio salesiano Divina Pastora unha xornada de formación da Confederación de Relixiosos (CONFER) de Lugo. Haberá unha charla a cargo do salesiano Óscar Bartolomé, director do Colexio, sobre o Sínodo da xuventude e a vida consagrada.

A vida consagrada, unida a toda a Igrexa, quere reflexionar sobre o alcance do último Sínodo celebrado en outubro de 2018. A cada cristián segundo a súa vocación pídelle dar unha resposta diferente, pero en calquera caso non hai que quedar estancados e inmóbiles. A vida consagrada quere seguir camiñando ao encontro dos mozos en comuñón coa Igrexa.

Despois da charla haberá un momento de encontro e convivencia dos relixiosos da Diocese de Lugo.

Premiados no X Concurso de Tarxetas de Nadal de La Voz de la Verdad

Na libraría La Voz de la Verdad fíxose entrega o 8 de xaneiro dos galardóns ás mellores tarxetas de Nadal presentadas á décima convocatoria do Concurso de Tarxetas de Nadal. Trala actuación do mago Rafa, e actuando como mestra de cerimonias Vanesa Ferreiro foron entregando os premios o Sr. Bispo, o pintor García Gesto, os directores dos colexios Franciscanos de Lugo e Martagona de Melide.

Categoría Infantil:

1º premio  Nadia Tomé Besteiro (Colexio Divia Pastora – Salesianos)

2º premio Nicolás Varela Mosquera (Colexio Divina Pastora – Salesianos)

2º premio Nalaya Vázquez Valladares (Colexio Divina Pastora – Salesianos)

3º premio Antía Suárez Quinoy (CEIP Martagona – Melide)

3º premio Candela González Quiroga (CPR Nosa Sra. da Asunción – Sarria)

 

Diplomas:

  • Claudia Álvarez Velasco (Colexio Divina Pastora – Salesianos)
  • Antía Potente Gómez (Colexio Divina Pastora – Salesianos)
  • Inés Rodríguez Arza (Colexio Divina Pastora – Salesianos)
  • Antonio Álvarez Pérez CPR Nosa Sra. da Asunción – Sarria)
  • Xavier Rey Rodríguez (Colexio Divina Pastora – Salesianos)
  • Ana Viedma González (CPR Nosa Sra. da Asunción – Sarria)

 

Categoría 1º Ciclo de Primaria (1º-3º)

1º premio Carla Rodríguez García (CEIP Illa verde – Lugo)

2º premio Xosé Alfonso García  Almonte (CPR Nosa Sra. da Asunción – Sarria)

Diplomas:

  • Iria Caeiro Mariño – (Franciscanos)
  • César Díaz López – (N.S. Asunción de Sarria)
  • Raúl López Fernández – (CEIP Martagona de Melide)
  • Xoel Rodriguez Varela – (Illa Verde)
  • Leo García García – (CEIP Martagona de Melide)
  • Juliette Pardo Romero – (CEIP San Xoán de Becerreá)
  • Alejandra Cabado Álvez – (Franciscanos) 

Categoría 2º ciclo de primaria (4º-6º)

1º premio Alán Jiménez Iglesias  (Franciscanos de Lugo)

2º premio Ainara Patricia Maceiras López (CEIP Albeiros)

Diplomas:

  • Abril Quiñoá – (CEIP Casas Lugo)
  • Isabel Liñares Vila – (Franciscanos Lugo)
  • Sabela Recamán Meilán – (CEIP Rosalía de Castro)
  • Noa López Rosón – (San Xoán de Becerreá)
  • Patricia López González – (CEIP Casás)

Categoría ESO

1º premio  Magín Abelleira Paz  (Seminario Diocesano de Lugo)

2º premio Érika Doel Vilela  (Colexio Divino Maestro de Lugo)

Diplomas:

  • Marta Cotillo – (Colexio Divino Maestro)
  • Nicolás Núñez Rejas – Colexio Fingoi)
  • Celia Gallego Fernández – (Franciscanos de Lugo)
  • Alberto Manuel Iglesias González – (Colexio Fingoi)
  • María Jover Fernández – (Franciscanos de Lugo)
  • Aigor Bouza Adria – (Seminario Diocesano de Lugo)

Premio Especial do Xurado

Galir Macía López  – (Franciscanos de Lugo), foto inferior

Orietur Stella

R. Fidalgo

Ouro, incenso e mirra. Abonda con saber  escudriñar debaixo das súas roupaxes míticas para decatarse de que tras o relato do Nacemento de Xesús agóchase unha verdade  teolóxica dunha radicalidad palpitante. A Epifanía é o momento da revelación, a  revelación de Deus que vén entre os homes para trastornalos, nunha inversión paradoxal do que debería de ser un nacemento real: fronte aos boatos da corte, a sinxeleza do  presebe; fronte á solemnidade das relixións civís pagás, coa súa apoteose e o seu culto imperial, a nudez da relación íntima con Deus; fronte ao particularismo hebraico, o universalismo da Igrexa das nacións representada polos Reis Magos.

Máis aínda: o simbolismo latente na historia do nacemento de Xesús vén reforzar ese paradoxo, expoñendo toda unha teoría sobre a relación entre o cristianismo e o poder.

Vexamos.

Os reis son cinco. Un é Herodes, imbuído de todos os atributos do forte, do poderoso;  Herodes o hábil, o astuto, o maquiavélico, o calculador, o político pertrechado tras as murallas de Xerusalén. O outro é o que é chamado o Rei dos xudeus, o Mesías, que acaba de ver a luz. Un neno inerme, fráxil na súa humanidade, rexeitado na pousada antes mesmo de nacer. O desafío consiste en elixir entre un dos dous, algo verdadeiramente actual. O rei poderoso ou o rei débil.

A posición de Melchor, Gaspar e Baltasar marca neste sentido o camiño que os crentes debemos seguir: o de quen o deixa todo para seguir a chamada dunha estrela. Os Reis Magos abandonan os seus palacios, os seus tronos e os seus reinos, trocando a magnificencia oriental polos azares da viaxe ata chegar a Belén e prosternarse ante o verdadeiro rei do mundo nun acto de humildade. Esta idea vén reforzada polo feito de que os primeiros en ser chamados á Adoración non só foron os reis, senón tamén os pastores, isto é, os dous extremos da escala social. Curiosamente, levando ao extremo o paradoxo, un parentesco misterioso úneos: os Reis Magos eran sabios, os pastores que velaban preto de Belén probablemente fosen iletrados e pobres de espírito. Os Reis viron á estrela porque eran astrónomos. Os pastores viron ao anxo porque eran humildes. O nacemento de Xesús é, politicamente falando, unha inversión total dos valores: o alto convértese no baixo e o baixo no alto, igualando á humanidade ante Deus sen negar por iso as súas diferenzas. O mito informa ao  logos, o logos ao mito, enlazando así o un e o múltiple.

A Epifanía implica o recoñecemento dun paradoxo, postulando unha saída racional á  irracionalidade do poder con toda a súa carga de arbitrariedade.

A primeira palabra de Deus feita carne, é dada no pranto dun neno recén nado. O reino de Deus empeza nun presebe.

Seica pode haber algo máis marabilloso que iso?

O catolicismo é a relixión das contradicións aparentes.

R.Fidalgo, publicista Diocese de Lugo.

Escola de Catequistas

A Delegación de Catequistas da Diocese ofrece en Lugo un espazo de formación durante este curso, que levará a cabo os segundos mércores de mes:

* 9 de xaneiro

* 13 de febreiro

* 13 de marzo

* 10 de abril

Lugar: Parroquia Santiago a Nova

Hora: 7 da tarde

Tamén os segundos mércores de cada mes, pero ás 6 da tarde na Catedral haberá “Unha oración polos catequistas”

A %d blogueros les gusta esto: