O triduo que se celebra en Sta. Mª Madanela de Adai (Lugo) en honra da Virxe da Saúde comeza o xoves 20 de setembro ás 19h.
O consiliario da Hospitalidade de Lourdes e párroco de Monterroso, Manuel Otero, preside a celebración solemne do primeiro día; o venres día 21, farao Miguel Asorey, Delegado diocesano do Clero e párroco de Meira.
E o sábado 22 correspóndelle presidir o último día do Triduo ao reitor do Seminario Diocesano e cóengo da Catedral, David Varela Vázquez.
O domingo, día 23, haberá misas desde as 9 da mañá; celebrándose a Solemne ás 13 horas, presidida por D. Alfonso Carrasco Rouco, Bispo de Lugo.
Trala Misa Solemne do día 23, realizarase a “Bendición de chaves” e a Procesión ao redor do Santuario, finalizando os actos coa veneración á imaxe da Virxe da Saúde. En torno ao Santuario, haberá carpa e actuacións de varios grupos.
Está en marcha GEN, a primeira Escola Interdiocesana de Pastoral Xuvenil para formar novos líderes cristiáns do presente e o futuro. O obxectivo é formar a mozos que queiran ser discípulos misioneiros nas súas parroquias, grupos ou movementos. Ser discípulo é seguir a Xesús, anunciar a Boa Noticia, ser líder para outros.
Durante tres fins de semana ao ano, expertos en liderado e mozos darán algunhas claves para chegar a ser os líderes que a Igrexa necesita. O primeiro será na Casa de Exercicios de Santiago de Compostela, desde a tarde do venres 21 de setembro ata o domingo 23. O relator é Jordi Massegú, catequista Life Teen na súa parroquia de Tarrasa e responsable de Life Teen en España desde fai dous anos. Falará de liderado, de como xerar líderes á marxe dos ordenados.
A Igrexa subiuse ao carro dos medios de comunicación desde o primeiro momento, aínda que iso non lle impediu recibir frecuentes críticas sobre a eficacia da súa forma de comunicar. Xa saben iso que se di con tanta frecuencia de que a Igrexa ten o mellor produto, pero que non o sabe vender.
No Concilio Vaticano II xa era evidente que a forza dos medios era imparable e moi axeitada para a tarefa evanxelizadora da Igrexa. Por iso mesmo, o Concilio dedica un dos seus documentos aos medios de comunicación social: o decreto “Inter Mirifica”.
Nos últimos 40 anos os medios evolucionaron case á mesma velocidade que transmiten as noticias. Chegamos á época das redes sociais. A finais do 2012 Bieito XVI lanza o seu primeiro Twitter para evanxelizar o “Sexto Continente”, que é como designa a esta nova realidade das redes sociais onde millóns de persoas atópanse todos os días.
Desde fai 6 anos, primeiro Bieito XVI e agora Francisco, aproveitan diariamente os 140 caracteres que permite Twitter para transmitir ao mundo unha mensaxe que nos axude a atoparnos con Xesucristo.
Fai uns días, grazas á conta oficial dos Papas, @Pontifex, chegábanos a seguinte mensaxe: “Nós, os cristiáns, non temos un produto que vender senón unha vida que comunicar”. Ao papa Francisco sobráronlle aínda 50 carácteres para mostrarnos a esencia e a finalidade da Igrexa: comunicar a vida de Xesucristo. Non hai nada máis. Todo o demais é secundario ou simplemente sobra cando perdemos de vista o primeiro: Cristo.
A Igrexa non ten obxectivos comerciais. Non vende nada. A Igrexa ten como único obxectivo primordial comunicar a vida de Cristo.
Necesita diñeiro, como calquera organización, pero non é o esencial, non é determinante. Facilita as cousas pero non é imprescindible, abonda lembrar como foron os seus pasos iniciais e a vida das primeiras comunidades ou quizais tamén de moitas comunidades de hoxe en día, cuxo único gasto ordinario que teñen é o pago do recibo da luz.
A existencia da Igrexa non está condicionada pola posesión de bens materiais ou económicos. Existía cando non tiña nada e seguirá existindo se un día quedase sen nada. As paredes de moitos templos e o que conteñen teñen un valor histórico-artísticos, pero é un valor moi relativo. O valor absoluto da Igrexa é Cristo.
O esencial da Igrexa é comunicar a vida de Xesucristo. Non ten outros obxectivos, aínda que ás veces sexa confundida cunha organizadora de eventos sociais ou unha ONG.
Cando acudimos á Igrexa en busca doutra cousa que non sexa a vida de Xesucristo estamos perdendo o tempo, pois “esoutras cousas” atoparémolas moito mellores noutros sitios.
Necesitamos volver a Cristo, necesitamos que alguén nos comunique a súa vida e escoitar a súa boa noticia. Todo o demais é vender fume.
A Unidade Pastoral San Clodio – Quiroga, organiza o sábado día 15 e o dominto día 16 deste mes, en Souto, Ribas de Sil, a VII edición da Festa da Irmandade.
O programa de actos será o seguinte:
Sábado día 15
19h Tralado da Virxe de Montserrat desde Soutordei a Souto
20h Pancetada, con música do Dúo “Maratón”
Domingo día 16
13:30h Procesión e Misa solemne presidida polo Sr. Bispo, D. Alfonso Carrasco Rouco.
15h Xantar de irmandade
Actividades para a infancia e actuación do grupo “O Recanto”
O Sr. Bispo, D. Alfonso Carrasco, confirmará a varios rapaces da zona.