Festa da familia adoradora

A Adoración Nocturna celebra o domingo 30 de setembro en Chantada a XIII Festa da familia adoradora da Diocese de Lugo. O programa é o seguinte:

  • 11,00 h Recepción e concentración de adoradores diante da antiga igrexa Parroquial.

  • 11,15 h Saúdo do Presidente da Sección de Chantada e rezo de laudes, no citado templo.

  • 12,15 h Procesión de bandeiras cara á igrexa nova

  • 12,30 h Eucaristía presidida por Monseñor Carrasco Rouco. Ao concluír, visita á Nova Capela do Santísimo, integrada nunha monumental e artística Santa Cea, e tempo libre.

  • 15,00 h Comida de confraternidade.

  • 18.00 h Desprazamento ao Santuario de Nosa Sra. do Faro.

  • 19,00 h Ofrenda floral, rezo do Santo Rosario e breve intervención do Presidente Diocesano.

  • 20,00 h Regreso.

Algunhas celebracións de San Miguel

Festa de San Miguel de Goián

Na Parroquia sarriana de San Miguel de Goián, para honrar ao santo patrono, hai o 29 de setembro Misa Solemne presidida polo Sr. Bispo, Mons. Alfonso Carrasco

Festa en Monterroso en honra a San Miguel

O sábado 29, ás 12.30 h oficiarase a Misa Solemne cantada pola Coral Ecos do Ulla seguida de procesión.

O domingo 30, ás 12.30 hai Misa cantada polo coro parroquial e procesión.

Solemne apertura do Curso Académico no Seminario

O Seminario Diocesano, o Instituto Teolóxico Lucense e o Instituto Superior de Ciencias Relixiosas (extensión da Universidade San Dámaso) abren solemnemente o Curso Académico 2018-19 o domingo 30 de setembro. Comezan os actos ás 17 h na Capela Maior do Seminario, onde o Sr. Bispo Mons. Alfonso Carrasco preside a Eucaristía Votiva do Espírito Santo. A continuación haberá os seguintes actos académicos na Aula Magna

  • Lectura da Memoria do Curso 2017- 2018 por parte da Secretaria do Seminario Diocesano, Dna. Montserrat López Vázquez

  • Apertura do Curso polo Sr. Bispo

  • Lección inaugural: «Barroco y Contrarreforma. Las huellas de Trento en la literatura» por Dna. Vanesa Ferreiro Blanco, Lic. en Filoloxía Hispánica, Titora e Profesora de Lingua Castelá e Literatura, Xeografía e Historia de España no Seminario Menor.

Finalmente, haberá un brinde polo novo período lectivo.

No actual curso o Seminario Menor conta con 40 alumnos, que estudan Secundaria Obrigatoria e Bacharelato. No Seminario Maior hai seis seminaristas e no Seminario Redemptoris Mater sete.

Este novo curso 2018-19 ten como lema “Aquí estou”.

Inauguración do Curso Pastoral 2018-2019

O venres 28 de setembro ás 20h na Catedral de Lugo iníciase oficialmente o Curso Pastoral 2018-2019. O Bispo de Lugo presidirá a Eucaristía de Envío na que participarán membros de organismos, asociacións, movementos, profesorado de Relixión, catequistas da Diocese… Este último colectivo ten previamente no salón de actos do Seminario unha reunión preparatoria do novo curso.

[Liñas de acción pastoral deste novo curso]

Comeza un itinerario misioneiro para nenos

En setembro-outubro de 2018 comeza un itinerario misioneiro de catro anos que Obras Misionais Pontificias propón para realizar actividades con nenos de 6 a 12 anos. O obxectivo do primeiro ano é coñecer e explicar a dimensión misioneira da chegada de Xesús desde que foi anunciado a María, ata a viaxe dos seus pais a Belén para o seu nacemento.

ENCONTRO DE ORACIÓN a partir da pasaxe evanxélica da Encarnación

Na revista GESTO de setembro-outubro, estréanse seccións que mostran a infancia de Xesús e ofrecen aos nenos novos matices misioneiros.

CREACIÓN DUN RECUNCHO MISIONEIRO Elíxese un lugar nunha aula, sala de catequese ou habitación, onde crear o recuncho. Pode ser un tramo de parede, un recanto cunha mesa, coxíns, alfombra, mural… e un gran rótulo. Para traballar durante todo o curso, o grupo elixe un país, sobre o que cada participante (ou por grupos) se buscará e levará información para a seguinte reunión.

ACTIVIDADES: O Tren Misioneiro do Domund 2018, celebrarase o día 20 de outubro con destino Real sitio e Vila de Aranjuez baixo o lema: “Con Xesús, cambiemos o mundo”.

[Materiais]

A %d blogueros les gusta esto: