Abriuse unha porta xubilar na igrexa conventual mercedaria de Sarria.
A Orde da Mercé está de festa en Sarria, no mundo. Non é doado desprazarse aos anos 1218 e sentir a inseguridade dos nosos antergos ante as guerras de relixión. O Islam pisara forte na nosa patria e o cativerio nos baños de Argel era o centro comercial do Mediterráneo.
Aos homes de fe non hai quen os deteña ante a dor e maltrato dos seus irmáns.
Un deles, se oe o berro e a falta de liberdade dos cristiáns, e a ameaza de claudicar da súa fe, na oración sente a petición de Cristo: “ninguén ama de verdade aos seus irmáns se non dá a vida por eles”.
Preséntase un mozo -dos mozos é o risco- Pedro Nolasco que se compromete cun voto de “dar a vida para rescatar a unha persoa que estea en risco de perder a fe”. Mercé significa, para aqueles mercedarios, entrega da vida para dar vida ao privado de liberdade.
Son 800 anos (1218-2018) dunha historia de amor, que merece a pena sumarse ao xúbilo da familia mercedaria nas súas ramas de monxas, relixiosas, terciarios, confrades, simpatizantes, benefactores, agradecidos á súa entrega caritativa e social…
Se nos preguntamos: que foi dese “voto de sangue” cando a catividade desapareceu? Cambiaron os tempos e as catividades durante 800 anos transfórmanse noutras inseguridades. A mercé apuntouse cos primeiros traballadores que miraron ao novo mundo; a pegada da Mercé é palpable en América coas súas limitacións; (a Mercé nunca foi numerosa en frades). Hoxe ofrecemos proximidade aos privados de liberdade, aos refuxiados e desprazados, á catequese e acompañamento na fe e desenvolvemento en países de África e Asia.
Fai 50 anos, vista a necesidade dun colexio para nenos, abrimos o COLEXIO DA MERCÉ. Oíronse as peticións do pobo. Certo que durante máis de 100 anos ofrecéronse clases de axuda a alumnos que o pedían, para oposicións.
Apoiouse aos fillos de emigrantes nos anos 60 e 70 non só cos estudos senón co internado. Celebramos que hoxe se poida seguir prestando apoio aos pais na formación dos seus fillos e fillas. Celebremos que entre a variedade de centros de ensino intensifíquese a colaboración
Neste colexio, como en todos, formáronse os que hoxe e fai anos son homes de letras, ciencias, gobernantes, educadores, labradores, misioneiros, sacerdotes…
Grazas aos profesores e traballadores do colexio.
Moitos dos presentes nos primeiros anos xa descansan no Señor. Grazas aos alumnos que seguen próximos, lembramos aos que nos deixaron moi axiña e descansan preto do seu colexio.
Frei José Estévez- mercedario
Gústame esto:
Gústame Cargando...